Falando de pontes, a luz é a
distancia horizontal que hai entre os arrinques dun arco ou bóveda.
Ver na fotografía:

A luz da Ponte Nova de Ourense é de 75
m. Observar que se mide dende os arrinques do arco neste caso
parabólico.
A fotografía é de Martiño Pinal e nela vese a
Ponte de ferro ou Ponte nova e detrás a Ponte do Viaducto do
ferrocarril. Esta foto é histórica para Ourense e para Galicia, xa
que polo viaducto está a pasar por primeira vez o Ave, era a súa
primeira viaxe, dende Madrid, e foi o día 22 de novembro do ano 2021, o
reloxo marcaba as 11 A.M. Levoulle 2 horas e 15 minutos
dende Madrid a Ourense. ¡Incrible!. Sinto estropela para indicar ó que é
a luz dunha ponte, pero tranquilos xa que a misma fotografía sin
estropeala téndela no apartado de Pontes de Ourense cidade sobre o río
Miño.

O arco central da ponte
romano-medieval de Ourense ten 38,20 m. Dicen que dentro das pontes
romanas que hai no mundo esta é a que ten maior luz. Descoñezo si é
ou non certo.
A fotografía é do que escribe:
Secundino Lorenzo.