A lúa
é o satélite natural da Terra que recibe a súa luz do sol.
A lúa e o sol dan lugar, entre
outras moitas cousas, a unhas tablas solunares
moi curiosas e que están relacionadas coa pesca, tanto fluvial como
marítima.
Incorporo
esta palabra ao dicionario fluvial, simplemente para poñer en claro a
importancia que a lúa e o sol conxuntamente teñen na pesca fluvial. Os
tempos
solunares
son básicos para a pesca en xeral.
Vou explicar esto último.

O cuarto minguante é a fase da lúa entre a chea e a
nova. Minguante é en galego disminuir ou ir a menos.
O cuarto crecente é a fase ente a lúa Nova e a chea como
aparece no dibuxo.
Moi importante son as fases da lúa
e o saber distinguir entre elas: así lúa nova, cuarto crecente,
lúa chea e cuarto minguante. Non vou explicar como se da lugar a estas
fases, xa que son coñecidas por todos, soio que sepamos distinguir entre
os cuartos según sexa crecente ou minguante. A lúa chea e a nova todo o
mundo sabe distinguilas.
Simplemente distinguir entre o
cuarto crecente e o minguante que a xente en xeral confunde, lembro que
en certa ocasión escoitei unha regla para non equivocarse e distinguilas:
Partimos de que a lúa é mentireira
(é unha forma de lembrarse destas fases, moi curiosa) e polo tanto cando enseña unha D, que debera significar decrecente, pois
non como é mentireira é precisamente crecente. E o revés, cando enseña
unha C, como repito que é mentireira pois estamos no cuarto decrecente
que é o menguante.
Vexamos de que falo ao citar as
tablas solunares e os tempos solunares:

Persoalmente eran as que utilizaba sempre, e
dito sexa de paso eran as mellores. Hoxe, marzo de 2017 non se
consiguen, deixaron de publicalas, polo menos en España.
No 2022, que lle boto un vistazo a este texto, estas tablas
son totalmente descoñecidas. En internet, si queredes comprobar, figuran
estas tablas nos anos setenta do século pasado.

Unha folla das Tablas solunares do ano 1974. Ver que traían o
calendario, as lúas e a salida e posta do sol.
Esta tablas solunares daban os tempos según o día e a lúa
dos períodos máis activos dos peixes, e sobre esos tempos podía
comprobarse na pesca. En negrilla os tempos eran dúas horas de actividad
dos peixes, e os outros tempos unha hora.
Observar por exemplo esta tabla de 1974 en xuño onde se
ve que teño marcado o primeiro día e os seguintes na lúa minguante e da
en negrilla a hora 7,25 como comenzo do período activo, en Galicia había que sumar media hora a hora
universal que aparacían nas tablas, polo tema dos husos horarios. Así
o 15 sábado comenzaba un período principal de dúas horas as 8:oo da mañá,
aproximadamente.
En condicións normais do tempo metereolóxico estos datos
acertaban. Ou sexa sin no chovía moito, si o vento era o normal, ou
non había tormenta,
acertaban. Ou sexa a presión atmosférica era básica; por suposto tamén o
estado do río. É evidente que si o río vai cheo cambia todo...
Hoxe estas tablas deixaron de venderse. Pero poñen de
manifesto ó que quería decir o falar de Tempos
solunares.
O fundamento das tablas está según a leyes de Newton na
atracción entre a terra e a lua que vai estar en función inversa da
distancia entre ambas que o largo das fases da lúa son distintas, hai
momentos de máxima atracción e momentos de mínima. As tablas foron
feitas por John Alden Knight, pai e fillo e según contaron tendo en
conta o que se sabía de lúa abaixo, lúa arriba, efectivamente a lúa pode
estar no meridiano do lugar ou debaixo, e neste caso a atración é moito
menor. O mismo tempo utilizaban a atración conxugada ou antagónica entre
a lúa e o sol. Non coincidían coas mareas debido ao retraso que
había en terra, inda que os animais en xeral perciben esas sensacións
inmediatamente, como habían observado.
Por certo as tablas que eu usei estaban firmadas por Jhon
Alden Knight e Jacqueline E. Knight esta última esposa do seu fillo que
xa morrera; as primeiras eran do pai e o fillo e apareceron en
EEUU no ano 1934.
Por suposto non publicaron o algoritmo que usaban.
En España estaban editadas por Pulide, unha empresa
de Barcelona.
A miña opinión
sobre as tablas solunares:
No ano 1968
chegaron ás miñas mans estas táboas e
propúxenme abrir unha investigación para
ver, polo menos empíricamente, que había de
certo no anterior. A miña investigación
comenceina no ano 1971 ata 1984 ( non tendo
datos de 1978-79, xa que non estiven en
Galicia neses anos). En todas as xornadas de
pesca fun anotando: río, tramo, nº de
troitas, cebo, condicións atmosféricas,
período de lúa, cebos empregados, estado da
auga e observacións persoais.
De cada xornada
de pesca anotaba ou anotei durante máis de
once anos estos datos, aparte dos datos de
cebo, xa que tamén levei unha estadística de
moscas (imitación para a pesca da troita,
tamén si usaba culleriña ou cebos naturais...), ver un exemplo:
.jpg)
Estadística que fixen durante 11 anos, esta é unha
pequena mostra do que anotaba cada vez que iba de pesca. Por certo
daquela non había cupo de pesca.
Estadística do ano 1984, primeira
folla. Foi un mal ano de pesca ??
13,5 de media ata maio. Naqueles
tempos era malo, hoxe
conformaríame coa décima parte, dúas
troitas de medida sempre...
Estos cuadernillos, non sei como,
nos traslados de casa, desapareceron...Unha
mágoa...
Os datos da miña experiencia leváronme a
emitir unha tesis que comprobei
empíricamente neses once anos, onde iba de
pesca casi todos os sábados:
As miñas
mellores pescatas (tanto en número como en picadas), é dicir
en actividade de troitas, fíxenas coa lúa en cuarto
minguante, concretamente o 4º, 5º
e 6º día entre cuarto minguante e a lúa nova. |
Tesis que coincide coa emitida polos autores das
tablas que afirmaban que :..."das experiencias adquiridas,
parece deducirse que os mellores períodos solunares prodúcense nos
días comprendidos entre o cuarto minguante e a lúa nova; esta
circunstancia é maiormente apreciable na pesca do salmón e de todos
os peixes voraces en xeral"...
Outros teñen opinións
parecidas, ver unha delas:
Fases L.
|
Día 1
|
Día 2
|
Día 3
|
Día4
|
Día 5
|
Día 6
|
Día 7
|
Lúa
Nova |
(SC) Bon
da noite ó alba. |
(SC)Bon
de noite á primeira hora da mañán.
|
(SC) Bon
da noita á primeiras horas da tarde. |
(SC) Moi
bon ata media tarde. |
(SC) Moi
bon ata media tarde. |
(SC) Moi
bon ata media tarde |
(SC) Excelente
toda a manán. |
Cuarto
Crecente |
(SC) Bon
pola mañán.
Regular pola tarde
|
(SC) Bon
pola mañán.
Excelente pola tarde.
|
(SC) Regular
todo
o día.
|
(SC) Regular
todo
o día.
|
(SC) Regular
todo
o día.
|
(SC) Moi
bon de media tarde a noite. |
(SC) Moi
bon todo o día. |
Lúa
Chea
|
(C) Regular
todo o día. |
(C) Malo
todo o día |
(C) Moi
malo todo o día. |
?? Bon
todo o día. |
?? Bon
á mañán e regular á tarde.
|
?? Bon
á mañán e malo á tarde.
|
?? Bon
ata medio media.
|
Cuarto
Menguante |
(SC) Bon ó
mediodía. |
(SC) Regular
á tarde. |
(SC) Regular
á tarde. |
(C) Regular
á tarde.
-----
Para mín
excelente dende
media mañán. |
(C) Bon ó
mediodía.
-----
Para mín
excelente dende media mañán. |
(C) Excelente
ó mediodía e á
tarde.
------
Para mín
excelente dende media mañán. |
(C) Excelente
ó medio
día e á
tarde.
-----
Para mín
excelente dende media mañán. |
|
Nesta tabla puxen en (C) e (SC) a miña opinión, basada no dito
anteriormente.
(C) Comprabado por
mín en once anos de pesca da troita.
?? Con dúbidas este
resultado.
(SC) non
comprobado, por parte miña, por medios
empíricos.
Tendo en conta o dato anterior e coa única
pretensión de que estos datos sexan útiles, polo menos curiosos, incluio neste traballo unha
das moitas tablas solunares que existen actualmente, ano 2022, para estos
casos:
Link a unha tabla solunar.
(ano 2022)
A miña comprobación foi coas tablas de

Eu usaba as de John Alden, xa que eran as máis coñecidas,
e dende dende logo funcionaban bastante ben. Observar que no ano 1978
eran a 20 edición, que correspondía á 40ª edición norteamericana.