
Fotografía sacada do libro "Camiños,
pasos e pontes" de Begoña Bas. Vese unha laxe para
salvar o regato que vai por baixo.

Nesta outra fotografía vense
dúas laxes que sirven de pasais. O regato era
máis grande.
Hai ríos que son de laxe o que os converte en moi
resbaladizos.

Nesta fotografía do regato da Laxe, por
algo será o nome, vese que o canle deste río e pura laxe, observar a
dereita unha laxe ben grande. Por certo esa casa rural é ben bonita,
está no Pindo.

Ponte da laxe. Está claro por que se chama así... Fornelo de
Montes.

Hai ríos que son de laxe totalmente como este río Vilameá, moi
preto de Lovios en Ourense. Por certo cunha ruta dos muíños que hai que
ver...

Nunha destas laxe fixen esta fotografía dunha ra patilarga, esta
concretamente está feita no río da Edreira en Chandrexa de Queixa