Lavago |
 |
O
lavago é, en algúns
lugares de Galicia como por exemplo en Barbantes (Ourense) na desembocadura
do río Barbantiño no río Miño, onde no seu tempo de subida do meixón
(angulas e pequenas anguías) a xente estaba atenta e recollía ó que ao
final facía un abono especial para as terras. sobre todo as viñas do
Ribeiro da zona.

Lavago, que se collía na orela do
río Miño e do Barbantiño e que se utilizaba como abono, por certo
según os datos, marabilloso para a terra.

Mapa onde se ve o desove das anguías, primeiro
nacendo nos Sargazos e logo despois de cruzar o Atlántico,
remontando o río como angulas, logo convírtense en anguías e finalmente
volvendo a criar os Sargazos. A palabra lavago fai referencia o
punto 3, coa chegada por exemplo o río Miño e o remonte do meixón ou
angula. Eran millóns que subían río arriba e que moitas veces ao orillar
extraínse, mezcladas con area e barro, para abonar as
fincas...curioso.
Agradezo ao meu amigo e compañeiro
Celso Rey García de Barbantes (Ourense) por proporcionarme esta
palabra que por certo non aparece nos dicionarios que consultei. pero
que se utilizaba en toda a zona e que a xente estaba atenta todos os anos
para recoller cando subían.

O lavago levaba aparte de terra
e barro moitos meixóns e esa mezcla era especial para abonar as
terras. Efectivamente era materia orgánica.
Na fotografía os meixóns ou
angulas que subían e se collían na beira do río en determinadas
épocas do ano.
Evidentemente este desove no río Miño dende
Frieira para arriba pasou a historia...O encoro de Frieira rompe totalmente
este proceso.
Saír.