Galeón:
"O rei do mar" |
 |
Os
galeóns eran unhas embarcacións
que tiñan a proa recta e a popa redonda. Levaban cuberto e navegaban
cunha vela de relinga no pau de proa e unha pequena no pau de popa;
ainda que tamén levaban remos alongados que utilizaban fundamentalmente
nas manobras de atraque e desatraque nos portos.

Nestes barcos, de
grande porte -18 a 30 Tm- faenaban catro ou cinco homes e desempeñaban
un importante labor comercial. Mercaban as xardiñas que capturaban as
lanchas de xeito e situábanas nas adegas. Alí eran introducidas en
salmoira que preparaban nunhas tinas de madeira de grande tamaño.
Curiosamente e para comprobar o grao de salinidade da salmoira utilizaban
unha pataca: cando a baloca aboiaba, a salmoira estaba no seu punto. Os
galeóns levaban despois as sardiñas aos almacéns de salgazón.
(Texto sacado deste link)

En realidade dedicábanse o cabotaxe
nas rías galegas, entrando tamén nos grandes ríos como o Ulla e o Miño.
Houbos que carretaron area, para a construción dos portos e ensenadas da
ría de Arousa. Outras veces subían polo Ulla arriba, aproveitando a
marxe esquerda e á maraxe, e a súa facilidade de desplazamento. Tamén
carretaban as
rollas de piñeiro. Tamén atendían as telleiras
radicadas no Facho, no Couto, na Arnosa, ou a cerámica de Guisasola sita
en Fisterra. Sempre sin horario... (Angueiras de Galeón. Dionisio
Pereira.).

Na fotografía o galeón "Nova
Sofia" traballando de areeiro. Archivo da Asociación "A Rabandeira"
Normalmente tiñan unha
eslora (longo do galeón
medido dende dentro e o primeiro piso, ver dibuxo) entre
8 a 20 m, e unha manga
(ancho do galeón medido no medio) de 4 metros. Non se teñen noticias certas dos galeóns, ata a segunda mitade do século
XVIII. Era máis fácil atravesar as rías que dar a volta con todo tipo de
mercancias. Estaban construidos en carballo, para as cuadernas e os
elementos estructurales e pino para o forro e a cuberta, e o
seu pouco calado facía que podían entrar en calquera lugar incluso ríos
e praias. O temón tamén era especial e tiña duas posicións para poder
facilitar a entrada en lugares difíciles.
Hoxe estanse a facer moitos
galeóns galegos. Por suposto xa lle poñen motor
Entre eles ver navegar un deles : "O rei do mar", 15
Tm. en 12 metros de eslora:

Galeón "O rei do mar" camiño de Arousa. Vista de
babor ou meo. O babor é o costado esquerdo mirando
desde a popa cara a proa. Este galeón ten tres velas:

Outra vista de babor.
Tamén se ve a proa recta.

De frente. A proa
do galeón.

Outra vista. O galeón singrando (navegando). Vista do
estribor ou
couse. O estribor é o costado dereito visto desde a popa
a proa.

A popa do galeón é
redonda.
Da misma web saco este esqueleto en
formación dun galeón. Desta estructura sácase unha conclusión
evidente: facer un galeón é de verdadeiros
especialistas...
Estos paus en forma de U ou de V
chámanse cuadernas. A parte de abaixo
chámase quilla.
Ver algúns nomes relacionados cós
galeóns galegos, a partires das fotografías:
Aproveitando a fotografía do galeón
"O rei do mar", poño varias palabras relacionado co barco como:
proa, bauprés (o pau que vai na
popa casí horizontal) as velas (foque (vela triangular na proa), Trinquete e cangrexa
(de tipo
trapezoidal), o tambuche (onde se gardan as cordas)
o botalón (pao que
axuda a velas e que vai horizontal), os obenques (cabvos grosos cos que se suxeita e sostén
un pau ou mastro) a popa e
babor ou meo
que é, como se sabe, a parte esquerda do barco.
Relinga (corda que leva a vela nas
beiras para darlle consistencia). Escota (cabo co que se
goberna as velas dunha embarcación). Botavara
(pau que sostén a vela cangrexa). Estrinque
(cabo que parte do extremo superior do mastrol e que se ata ou
suxeita no banco de escota).
Raca (argola grande, metálica ou de
madeira, que se coloca arredor dun pau ou dun cabo opara facer
subir, baixar ou xirar o redor del unha vela, bandeira, etc.
Permite izar tirando dun cabo). Cáncamo
( lugar onde está situado o mecanismo para elevar as velas).
Imbronais (na cuberta, burato para o desaugue).
Outras palabras que merece a pena poñer
aquí son singrar (que é
navegar),
Fotografía sacada da web
http://www.modelismonavel.com
descoñezo o autor da fotografía e o nome do galeón inda que pode
ser "Sanxenxo", polo que vexo.
Aquí aparecen palabras como o
Mastro (pau maior), Zapón (pequena
porta para pasar a parte de abaixo, onde está a habitación e
outras cousas), o tampuche (como o lugar)
, a estacha (que é a corda que amarra o
galeón ó ferro do porto).
Outras palabras curiosas. orzar
(Virar o buque, dirixindo a proa
desde sotavento a barlovento. Darlle o temón o ángulo preciso
para realizar a manobra). Ichama (anaco de
ferro da barra onde traballa o remo). Ostaga
(cabo que serve para suxeitar as vels de gavia).
Amura (lugar da
proa onde empeza a estreitarse). Nese lugar hai argolas (que son aros que serven de amarre).
----------------------------------------------------------------
Dicir que fai uns días chegou as miñas
mans o libro de Anxo Angueira "Iria";
Iria é un galeon que entre outras cousas sube polo río Ulla no
esteiro deste río. Anxo Angueira da todo tipo de detalles deste
barco e polo tanto é a miña obligación é que me aclare no que era
un galeón galego e no que sigue a ser hoxe, xa que están
construidos algúns e están outros a punto... Así teño duas
ventaxas claras, unha poder entender mellor o que conta Anxo
Angueira no seu libro e outra cuestión importante enriquecer o
meu dicionario fluvial cunhas cantas palabras máis.

Un libro de lectura obligada. Autor Anxo Angueira.
Deste libro están sacadas a maioría das palabras utilizadas
nesta ficha.
Unha xoia...
---------------------------------------------
Para ampliar:
Ver un video deste galeón.
Ver este link armando un galeón.
Visitar este blog sobre galeóns.
Saír.
