FLUVIAL, relativo ou pertencente ós ríos.

Tamén todo o provocado por un río ou propio dun río, por exemplo dicir é un val fluvial.

Outro exemplo este dicionario,  onde todos os términos fan relación os ríos, é sin  dúbida un dicionario fluvial, nunca mellor dito...

 

 

Este dicionario podería poñer perfectamente "Dicionario fluvial dos ríos galegos".

 

 

Efectivamente este dicionario soio ten términos relativos os ríos galegos.

"O video anterior está sacado no río Pereira ou Barxa en Ourense, moi preto da Gudiña. En Portugal, por onde tamén pasa,  chámanlle Rabaçal (logo desemboca no río Túa, que finalmente vai o río Douro). Un río que pesquei moitas veces. Eran días de maio de 2012.

Os sons da auga, os paxaros e as rás fan unha mezcla única. Observar tamén a vexetación do río: salgueiros e amieiros en abundancia. O video foi sacado para enriquecera a miña páxina "A vida nos ríos galegos". Video que aproveito para indicar o significado da palabra fluvial e que hoxe, xaneiro de 2025 aproveito para definir tamén unha palabra única, rechouchíos, que podedes ver neste dicionario fluvial.

Que ó disfrutedes, o video e as palabras, tamén a natureza, nun mundo que está perdendo estas saídas á natureza e que está facendo unha auténtica barbaridade xa que está "perdendo o Edén", como ben demostra Lucy Jones no libro que leva ese título, ano 2021, da editorial  "gatopardo ensayo" . (Secundino Lorenzo)"

Un video fluvial, sin dúbida.

 

O meu dicionario é  fluvial, xa que todas as suas palabras son relativas os ríos.

Por certo hoxe, xaneiro de 2025 o meu dicionario leva xa 1014 + 4 palabras relativas os ríos de Galicia.

Poño máis 4 xa que no dicionario figuran palabras inventadas como "fluviotolemia" e frases como "escarallar un río", "Pai Miño" "Vida nos ríos".

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.