"Quem atravessar o
río Minho en Melgaço há de levar na boca um seixinho para durante a
viagem nao poder falar se as feiticeiras se meteram con ele".
(Leite de Vasconcelos 1931,70, en Alonso Romero F 1996,75).
Vamos que para atravesar o río en Arbo
e Melgaço ó mellor é levar unha pedriña, un coio pequeno na boca para
non poder falar en ningún caso.
---------------------------------------------
As feiticeiras amedoñan ás personas
dunha e doutra beira que cruzan o río Miño, sexan pescantíns, barqueiros
ou calquera tipo de xente, que deben levar croios entre os dentes para
así non repostar ás súas palabras enmeigadas. Son fermosas e poden
engailar os mozos, que os levan as profundidades e xa se sabe.
O parecer estas feiticeiras aparecen
exclusivamente no río Miño. As veces fálase das feiticeiras do río Sil
pero alí chámanse
aureanas feiticeiras
que cita Lamas Carbajal no seu famoso poema
As aureanas do Sil, que se dedicaban a
recoller e levigar as pebidas de ouro
ademais da labor típica feiticeira. O feito de
traballar coas pebidas fainas distintas.
Maimiñas
cal as pombas das ribeiras,
xeitosas
cal os xuncos das cañadas,
subrimes,
vaporosas como as fadas.
tal son as
aureanas feiticeiras.
Aluma o
sol o val, doura as pradeiras,
i elas
bucan nas augas sosegadas,
as areas
de ouro cobizadas;
máis
én a noite, e fuxen pasareiras.
O Sil é
seu amor, a súa legría,
teñen nel
sempre fixo o pensamento,
canto
pracer seu corazón ansía;
lonxe
de alí, de triste acabamento
a garrida
aureana morrería,
cal morrer
a fror sin arrolar do vento
As feiticeiras
de Arbo e Melgaço son outra cousa.
O parecer cando alguén abre a boca
para falar métense por ela cara o cerne do corpo da víctima, respostando
esta crenza á medieval que cría na entrada dos diaños e certos intres do
xantar e do falar. Daquela a alma podía ser posuida por eles, ata ser
expulsada por certos medios como osexorcismos, en diversos santuarios
cristiáns.
O parecer tamén actuaban contra as
embarcacións e a pesca. Para actuar neste caso dábanlle unha tunda cun
pau a rede e repetían ¡Ah desgraciada! ¡Toma! ¡Toma!. Si o volver a
botar a rede esta flotaba é que as feiticeira inda estaba na rede,
volvían a facer o mismo cambiando as palabras por ¡Sae de aquí, filla de
puta!. (Alonso, E. 1984, 353)