EUTROFIZACIÓN

 

Río Umia eutrofizado en Caldas de Reis. Encoro de A Baxe.

Técnicamente:

En ecoloxía o termo eutrofización designa o enriquecemento de nutrientes dun ecosistema acuático. Eutrófico é aquel ecosistema ou ambiente caracterizado por unha abundancia anormalmente alta de nutrientes (procedentes das actividades humanas).

Familiarmente:

A eutrofización é un exceso de "merda", augas fecais das nosas casas, augas de granxas que levan de todo, augas de regadíos envelenada ou choiva ácida; en definitiva un exceso de nutrientes que ó que fai é unha transformación mortal, matando as algas e demais que son vitais e creando outras que son nefastas; ou sexa creando toxinas dañinas para todos.

Causas da eutrofización

Un río, un lago ou un encoro sofre eutrofización cando as súas augas enriquécense en nutrientes. Podería parecer a primeira vista que é bo que as augas estean ben cheas de nutrientes, porque así os seres vivos poderían vivir máis facilmente. Pero a situación non é tan sinxela. O problema é que se hai un exceso de nutrientes, as plantas e outros organismos medran abundantemente. Máis tarde, cando morren, podrecen e enchen a auga de malos cheiros e de aspecto nauseabundo, reducindo drasticamente a súa calidade. Naturalmente, como todo nesta vida,  proliferan outros seres que se adaptan a esta situación.
O proceso de putrefacción consome unha gran cantidade de osíxeno disolto e a auga xa non é apta para a maioría dos seres vivos. O resultado final é un ecosistema case destruído.

Río Arnoia en Baños de Molgas. Eutrofizado nese tramo.

 

Moitos ríos de Galicia están,  en determinadas épocas do ano,  eutrofizados, tamén algúns que levan algo de corrente, teño visto nestes últimos anos ríos eutrofizados a trozos: o río Arnoia por riba de Allariz, o río Avia en moitos lugares, o río Támega en Verín, etc.

  

Ríos con encoros e totalmente eutrofizados, poño fotografías: o río Umia na presa de Baxe en Caldas de Reis,  o río Limia no encoro das Conchas,  o río Mao en Vilasouto (O Incio-Lugo), e podería seguir...

 

Exemplos de eutrofización en encoros en ríos de Galicia:

 

Encoro de  A Baxe, encoro do Umia. Caldas de Reis. Pontevedra:

 

Eutrofización no río Umia en Caldas de Reis

De aquí cóllese a auga para o Salnés.

 

Un auténtico desastre esta presa que soio se fixo para producción eléctrica e que estropeu o río Umia por completo.

Aquí a Xunta intentou de todo pero ano si e ano tamén eutrofízase. Leva gastado moito miles de euros e esto non está resolto.

 

O aspecto deste encoro é lamentable aparte de tóxico e peligroso.

Un desastre auténtico. Aparte é unha presa ou encoro que produce,  cando chove un pouco forte,  inundacións temibles en Caldas de Reis. Calquera día pode ser terrible, sobre todo nestos últimos anos que chegan ríos atmosféricos que descargan as veces en poucas horas por riba dos 100 l/m2.

Conozo moi ben este tema e non vou poñer máis datos, o que queira ampliar ten toda a historia nunha páxina da que precisamente son autor, por eso sei algo do que pasou e do que está a pasar en Caldas de Reis. 

Que pena de río marabilloso e que forma de matalo totalmente...

As fotografías son de Jesús Rodriguez, un amigo ó que lle mando un abrazo.

  

Encoro de As Conchas.  Río Limia. Ourense:

 

Outro caso sangrante é o río Limia, o encoro das Conchas en Ourense, un encoro que se eutrofiza todos os anos, este último o 2022 cheiraba fatal a altura da presa. Leván gastado millóns de euros e non logran atallar esta eutrofización. Unha mágoa total. A Limia verte moita auga en malas condicións, ten moita granxa e pouca depuración  e este é o resultado. Todos os anos dicen que ó solucionan pero non hai forma, eu creo que non estudian ben o tema, hai estudos a nivel mundial feitos xa e moi bons, si estades interesados ver este artigo meu de fai anos...

Descoñezo ao autor destas fotografías.

 

E outro exemplo, hai moitos mais: 

Encoro de Vilasouto. Río Mao. O Incio. Lugo:

  

Vilasouto (O Incio-Lugo). Río Mao. Fotografía do comenzo de eutrofización neste lugar. Este río está a pedir un saneamento case dende a cabeceira, xa que se eutrofiza con bastante rapidez en determinados anos.

Si non hai saneamento no seu canle, nos pobos que botan todo o río, si non se fan depuradoras, si soio se actua con pozos negros, non hai nada que facer; cada vez será peor. Dependendo do ano tendrá unha eutrofización ou non.

Esta fotografía é miña. Nesta zona exactamente saen as aguas fecais "depuradas"? de Vilasouto. Eu soio vexo pozos negros... Como en tódolos lugares os rexidores do Concello  teñen que poñerse as pilas e xunto coa Confederación Hidrográfica Mino-Sil e a Deputación dotar os pueblos dun alcantarillado en condicións, algúns non teñen nada, como Calvos (Vilasouto-O Incio); logo depuradoras de verdade e así podese facerse algo.

 

Estas fotos e a seguinte son aéreas e foron sacadas o mismo día. Esta fotografía, sobre todo,  é  moi curiosa e para pensar un pouco: a tona da auga estaba verde, como se pode ver nesta e na seguinte, pero a auga que sae por debaixo da presa de Vilasouto sae vermella. Para mín está claro o que quere decir. Os "entendidos" decian aqueles días que non había problemas para beber a auga que o problema estaba na tona ou na superficie; xa que a auga para beber tomáse por debaixo...é evidente que o proceso é o mismo pero a contaminación ataca de forma distintas según as p0lantas que eutrofiza. O tapar a tona as plantas de abaixo podrecen e nacen outras distintas...

 Río Mao de color verde en Vilasouto (lavozdegalicia.es)

 

Esta é a fotografía sacada dente a estrada que vai a Eirexalva. Enfrente Vilasouto. Todo o encoro estaba cor vermello como esta fotografía. Non sei de quén é a fotografía.

Ver un video de José Camilo López Pérez, no que se ve perfectamente como estaba o encoro con esta eutrofización.

 A cor vermella débese ao pigmento chamado a ficoeritrina.

salir.jpg (922 bytes) Saír.