A esbatuxada
ven da palabra galega esbatuxar
que é mollarse golpeando a auga coas mans, tamén se chama
batuxar e
chapuzar.

Primeira caracterísitca o tipo de embarcación.
É famosa a esbatuxada de Rábade no río
Miño, que se celebra tódolos anos o 15 de agosto e que consiste nunha
baixada do río Miño, con dúas características: una con barcas especiais para
a ocasión, hai de todo, e dúas botándose auga dunhas barcas a outras, ou
sexa esbatuxando a tope.

Segunda característica: botar auga entre embarcacións.
Ver este video de Alberto López, sacado
de internet deste ano 2025.

O vídeo da «esbatuxada» de Rábade
Este ano 2025 seica houbo sete
embarcacións e os gañadores foron School, Un día no río, Cocherito leré,
Xacias do Miño e Polbo viaxeiro; pois si que estuvo animado.

Moita animación na esbatuxada de Rábade no ano
2025
Poño un exemplo da palabra batuxar, que utiliza
Xosé Neira Vilas na súa poesia titulada "Querido río":
Hai río da miña infancia
batuxei
nos teus relanzos
púxenlle sedelas as troitas
collín anguías e escalos.
Neira Vilas fai referencia
ao seu querido río Ulla, un río que actualmente está en peligro,
esperamos que nunca se monte na súa beira a empresa de celulosa de
Altri.
Saír.