
Neste caso a auga do río vai clara.
Río Lor.

Neste caso a auga vai avolta.

O regato leva augas residuais, son augas
efluentes.. Neste caso trátase do río Cerves e o regato
leva augas efluentes dunha canteira que hai en Melón. Un desastre que non
se da correxido...

Neste caso o regato ven das pizarreiras do Barco de
Valdeorras. As augas efluentes están a vista...
Para rematar, desgraciadamente
todos os anos en Galicia hai máis de cincuenta casos; caso
especial é o do
río Barbaña, afluente do río Miño en Ourense que ten por
riba dos tres casos ao ano de augas efluentes.

Un dos tres
casos, cada ano o río Barbaña aparece desta forma;
as augas efluentes
veñen do Polígono de San Ciprián e tamén do Polígono
Barreiros. Non hai maneira de
correxir esta desfeita. No 2021 que repaso estos datos
sigue a contaminación e siguen a botar balóns fora, que si os
regatos que chegan ao Polígono, que si a culpa tena o goberno
central... Dende logo levan gastado miles de euros, eso dicen,
pero non se acomete o problema, metendo dúas depuradoras especiais
nesos polígonos, depuradoras que xa deberan estar feitas dende o
comenzo. País...