Corrente fluvial.
A corrente fluvial é o
desprazamento de auga a través dunha canle nun ámbito territorial
determinado. O traballo xeomorfolóxico destas correntes consiste en tres
actividades interrelacionadas: erosión, transporte e sedimentación.
Tamén se chama
correntada, cando é moi forte.

Esta é a corrente fluvial, neste caso do río Lor na
Labrada (Lugo).

As correntes leván consigo unha forte erosión,
transporte de materiais e sedimentación de materiais.
Xa non teño pai nin nai,
nin nesta terra parentes,
son fillo das herbas tristes
neta das augas correntes.

Nesta fotografía vese claramente como actua
o río erosionando o leito. A fotografía representa unha Poza do río
Cerves en Melón (Ourense). Neste caso deu lugar a terrazas de
formación petrea.

A erosión da lugar tamén a estos canóns,
como o canón do Sil en Ourense. Hoxe un encoro pero en tempos un río
cunha corrente moi poderosa.

Poteiras ou pilacóns producidas pola corrente fluvial e
a erosión que produce.

Meandros ou reviravoltas tamén producidos pola corrente
fluvial.

O transporte que produce a corrente
fluvial vese neste río co desplazamente dos cantos rolados.
Neste caso é o río Vilamea en Lovios (Ourense)

A sedimentación está clara neste coiñal en Ourense,
producido pola corrente fluvial do río Miño.

Ou neste outro en Selas, por debaixo de
Arbo onde hai coiñais enormes producto da sedimentación das
correntes do río.

Terreos de sedimentación das correntes fluviais: veigas,
barxas, barcelas, etc.
Saír.

|