Cencellada.

     Recibe o nome de cencellada ou cenceñada a formación de plumas ou agullas de xeo suave de cor branca sobre as árbores ou plantas; a súa formación débese ao vapor de auga que polas noites se condensa na atmosfera. Na realidade está causada pola conxelación de gotículas sobrefundidas dun banco de néboa á temperatura baixo cero. A súa aparencia é moi similar a unha nevada.

No ano 2025 atopo unha palabra no Barco de Valdeorras (Ourense), no dicionario Florencio Delgado Gurriarán, que se está a facer, recollendo palabras propias do galego na zona, e  que penso é sinónima de cencellada, no Barco dinlle puxela. Ver unha nota ao final deste artigo.

Ten o aspecto dunha nevada pero non o é. En Galicia non é moi común pero as veces si se forman cencelladas.

Cencellada en O Courel. Fotografía de Olga Vega.

Moitas grazas Olga polas túas fotografías marabillosas cedidas a esta páxina web.

Efecto da cencellada. Fotografía en Vilameá (Lovios). Fot. de Secundino Lorenzo.

 

Cencellada no río Mao. A Nogueira. Ourense. Foto Secundino Lorenzo

 

 

Cencellada nun río de Zamora. Descoñezo o autor da fotografía.

 

Cencellada no coto de Novelle. Fotografía de Marta Glez. Miranda

¡Moitas grazas Marta!

 

Nota 1: non atopei en galego esta palabra, nin cencellada nin cenceñada, utilizo o "Gran Dicionario Xerais da Lingua"  en dous tomos, tampouco ó atopei en internet, nos dicionarios que hai ao uso, pero si atopei un video onde Xavier Fonseca, meteorólogo, fala deste e outros fenómenos do frío  en galego e utiliza este término.

Este é o video.

 

Nota 2: No ano 2025, en decembro, no periódico O Sil, do que son abonado dende fai anos,   atopo unha palabra nun artigo que presenta o Dicionario da Fala Valdeorresa que está a crear a Fundación Florencio Delgado Gurriarán no Barco de Valdeorras (Ourense), no dicionario  que se está a facer, recollendo palabras propias do galego na zona, e  onde atopei a palabra  puxela. 

Falan do tempo da puxela.

Na palabra dín: 

Puxela:

 

"...Fenómeno  metereolóxico consistente na conxelación da néboa e conseguinte precipitación en forma de po branco..."

 

Eu penso, igual estou equivocado,  que a palabra puxela e cencellada indican o mismo.

Moi interesante o artigo "O tempo da puxela" de Xabier Roo Abril, que tendes neste link.

Realmente dice Xabier Roo "...que é unha fermosa (e necesaria)  achega ao dicionario metereolóxico galego... evidentemente é certo.

 

O artigo trae esta fotografía que supoño é do autor do escrito. Eu penso que esta fotografía é producto final dunha cencellada ou como dirían no Barco de Valdeorras, dunha puxela.

O dicionario ten este link.

Noraboa polo traballo que se está a facer no Barco e como dicen no artigo "...é un exemplo que podería extenderse a outras comarcas de Galicia..."

Detódolos xeitos si houbera algunha equivocación pola miña parte non tendes máis que escribir o meu email e pómoslle remedio inmediato. O primeiro é o noso galego que é unha maravilla, temos palabras para todo...

salir.jpg (922 bytes) Saír.