Envíame Xosé Otero Canto a
palabra buque e dice que
no Miño Alto, por exemplo na Ponte de Outeiro, chámanlle buque aos
pilares da ponte, xa que teñen a forma dun barco.
Estamos a falar dos
tallamares das pontes.
O tallamar (nunha ponte) é un saínte
apuntado dos piares ou machóns, situado contra a corriente dun río e
destinado a atenuar a forza da corrente de auga.

Nesta fotografía da ponte romana-medieval
de Lugo, vense perfectamente os tallamares, que en Outeiro de Rei, no Miño
alto, chamán buques; a verdade e que teñen a forma da proa e cando vai cheo
o río e se m ira a zona dende a ponte semella un buque avanzando a toda
máquina. Fotografía Jesús Grandío.

Ponte medieval de Rábade. Vense
perfectamente os tallamares e neste caso tres buques a carreira. Descoñezo
ao autor da fotografía.

Ponte romana-medieval de Ourense.
Tallamar ou buque. Fotografía do que escribe.
Nesta ponte é onde eu sinto que
navego, cando o río ven un pouco alto ou cheo de verdade.

Fotografía de Pacheco, sacanda
dende a Ponte de Ferro en Ourense. 26/12/1959 o río Miño iba totalmente
desbordado. Ese día dende a ponte tiña que ser un espectáculo. No
"buque" debía sentirse como unha tempestade en alta mar...