Aureanas

 

 Aureana, aureano  (dicionario Xerais da lingua) é unha persoa que se dedica a recoller as aréas de ouro que levan os ríos.

Foron famosas as aureanas do Sil.

Dicir tamén que a palabra aureana  é un método de obtención de ouro mediante o peneirado das areas auríferas fluviais, tamén sacado do dicionario Xerais da lingua.

As dúas palabras veñen do latín aurus óuro´.

Foron famosas as aureanas do Sil.

No libro A Boca do monte., unha sensacional novela  de Celia Díaz Núñez. Publicado por Editorial Galaxia en 2016. , narra a construción dun túnel que ten moito que ver co método xa comentado e co traballo das aureanas.

Xa ó principio pón Celia Díaz unha poesía de Ramón Cabanillas, para indicar  de que vai o relato, unha novela marabillosa :

 

Aureana do Sil.

 

As areas de ouro, aureana do Sil,

son as bágoas acedas que me fas chorar ti.

Se queres ouro fino, aureana do Sil,

abre o meu corazón, tés de atopalo alí.

 

Ramón Cabanillas.

 

Precisamene o primeiro capítulo da novela chámase: As aureanas do Sil:

"...Cando Navia percibiu a pedra dorada que elucía entre as areas da batea deixou escapar un berro de ledicia. Ergueuse lixeira, exhibindo na palma da man o trofeo conquistado.

-Unha pebida! Mirade como brilla!

-Que fermosa! exclamou Alda, pasando o dedo sobre a superficie lisa e fría da pedra-, E grande que é!

-A primeira que consigo -engadiu Navia, orgullosa, facéndoa xirar entre os dedos..."

Este trociño é unha mostra do que fai unha aureana. E continua:

"...A rapaza depositouna no cesto no que xa se amoreaban outros pelouros, uns pequenos como chícharos e outros grandes como abelás.

-A sorte do principiante - dixo Arausa cun sonriso.

-Pois a próxima aínda ha de ser meirande -repuso a filla, ao tempo que collía o rodo e escavaba entre os lodos que a corrente depositara no meandro. Botou unha presada na batea, anicouse e afundiuna ata que a auga cubriu a terra escura mesturada cos limos e as gravas, e comenzou a axitala con movementos oscilantes, desexosa de acadar o botín que o río xeneroso lles legaba.

A muller sorriu ao contemplar o afán da moza. Era este un oficio transmitido de nais a fillas e que ela mesma aprendera con dilixencia da  sua nai. Cómpre lavar  as areas para que a auga arrastre as partículas máis lixeiras en tanto que as máis pesadas quedan depositadas no fondo. Con sorte e con pericia caerá algunha pebida que despois o ourive transformará en fermosos adobíos cos que engalanarse..."

Ata aquí o texto copiado do libro de Celia Díaz.

--o--

 

Aureano bateando no río Miño.

Dicir que inda no século XXI hai xente que busca ouro no río Miño. Neste link,  un artigo do Faro de Vigo de fai un ano, podedes ver que que en xuño do ano pasado había xente buscando ouro cos mismos metodos. E parece que non lle vai mal...

É unha curiosidade.

O seu nome Mario Fatanga, nunha xornada de bateo no Miño.

 

---o---

Para rematar ver que hai moito afecionado inda o bateo.

Pulsar na batea.

Ver unha demostración de bateo de ouro nun afluente do río Sil, concretamente en Cacabelos. Inda se vai collendo algunha pebida e dende logo hai moita afeción.

       

Sair