Augacento
significa cheo de auga, ou que contén auga en
exceso. Pode referirse a moitas cousas, pero tratándose dun dicionario
fluvial é evidente que estoume a referir a materiales que teñen que ver co
río; estou a pensar en roupa ou similar.
A palabra equivale polo tanto
empapado, enchoupado e
outras similares.
"...Enchoupei a roupa no río...",
non é máis que mollar ou humedecerse ata quedar empapado.
Por suposto indo de pesca, moitas veces
remata un empapado pola choiva ou tamén, esto é moito peor, por caer o
río.
A continuación poño unhas fotografías
lembrando algunhas ocasións nas que quedei totalmente enchoupa dende os pés
ata a cabeza.
Nun día frío de marzo, polo anos setenta
do século pasado, caín no río Navea en Chandrexa.

Caín a 50 m. río abaixo desta
fotografía, nun pozo que dende aquel día cháamase o
Pozo do Chicho. Este río marabilloso en tempos, dos
mellores de Galicia, sin dúbida, é un río que ten tramos que o leito
do río é pura pedra. Pois ben estaba a pescar dende a orela, cando
sin querer pisei esas pedras sin tomar precaucións e aparecín no
medio do río. No lugar que non era moi profundo saín como poiden
pero eso si enchoupado
de arriba abaixo.

Nesta
fotografía tendes o río Navea a 20 metros de onde resvalei. Observar
que a pedra atravesa o río e son moi resbaladizas.
Está claro que o resultado foi que
quedei totalmente empapado;
ademais estaba un pouco lonxe do coche onde sempre levei unha
segunda vestimenta, como dous kms. mais ou menos. Collín moito frio
e os poucos días rematei cunha neumonía.
As botas de pesca, altas por riba
da rodillas, estaban con augacento,
ou sexa cheas de auga e ademais foi dificil quitalas.