O amieiral
é un lugar poboado de amieiros ou ameneiros, casi
sempre en lugares húmidos, en primeira liña de río, e asociados con
outros como salgueiros, chopos, freixas, etc.
Tamén se chaman
ameneiral ou abeneiral.
Tamén se chama Ameán,
por exemplo en Quintela de Leirado, a carón do río Deva. Dato
recollido do libro "Toponimia dePontedeva" de Carlos Mémdez Míguez.
Amieiral a carón do río Cabe en RibasAltas. Agosto 2012.
Dende logo o Amieiral está en primeira liña de río.
Estas son as posicións dos árbores de ribeira en moitos casos. Pero os
soutos as veces están a carón dos ríos:

Así a liña
1ª é
a carón do río, neste caso poño como exemplo o río Lor,
no Caurel: nesta liña 1 están os salgueiros,
bidueiros e amieiros. (Norma
xeral)
Así na 2º
liña: os chopos,
freixos, etc (Norma
xeral)
Árbores en 3º
liña: os castaños nos soutos e os
carballos nas carballeiras,
etc. (Norma
xeral)

En Galicia é moi abondoso.
"Sobre
a flora e a vexetación dos ríos de Galiza".
Citar sobre os
ameneirais, un trozo dun
traballo publicado por Xavier
Amigo nos cadernos
de Adega, concretamente no nº 14, dedicado os ríos galegos.
Sobre
a flora e a vexetación dos ríos de Galiza.
Sobre os ameneirais dice
Xavier Amigo, no traballo citado:
"...Os ameneirais serían os
tipos máis comúns e estendidos de bosque ripario que se poden
recoñecer por numerosísimos treitos de ríos galegos. O dominio
arborado corresponde ao ameneiro acompañado de freixo (ben Fraxinus
excelsior, ben F.
angustifolia, moi excepcionalmente ambos); tamén se fai
constante o salgueiro (Salix atrocinerea) e poden
aparecer outras especies arbóreas pero sempre de xeito
minoritario como o bidueiro (Betula celtiberica), o
pradairo (Acer pseudoplatanus) ou o ulmeiro (Ulmus minor). No
seu sotobosque pódense atopar especies arbustivas como o
estripeiro (Crataegus monogyna), a pereira (Pyrus
cordata) ou o sanguiño (Frangula alnus), e un
conxunto de especies herbáceas nemorais normalmente máis
numeroso e diverso que o dos bosques riparios que poden estar na
súa veciñanza; ademais a miúdo inclúen un apreciábel contido en
fentos..." |
Xavier amigo, distingue
no traballo catro tipos de asociacións en Galicia:
A) A asociación
Valeriano pyrenaicae-Ameneiro que ten ademais o freixo do
norte (Fraxinus exccelsior). Atópase en Galicia entre o río
Eume e o río Eo.
B) A asociación
Senecioni bayonensis-Ameneiro que é a que aprece máis en
Galicia. Tamén có freixo anterior, raramente cós dous. Que
incluye tamén herbas grandes como a Senecio bayonensis e o
Narcissus cyclamineus. Vese na Coruña, toda Pontevedra e
parte de Lugo e Ourense.
C) A Galio broteriano-Ameneiro
o parecer no interior de Ourense e algo en Lugo. Non leva o
freixo pero si o ulmeiro.
D) Ameneiral-chopeira
dase en microclimas mediterráneos como por exemplo polo
Barco de Valdeorras. Aquí aparece o chopo (Populus nigra) e
salgueiros de gran talla como o Salix fragilis ou Salix
neotricha.
Saír.