Amieral.

 

Os amieirais son lugares poboados de amieiros ou ameneiros.

Tamén se chaman ameneiral ou abeneiral.

Dende logo os Amieirais están en primeira liña de río.

Escoitei tamén Ameán (concretamente no río Deva en Quintela de Leirado)

Estas son as posicións dos árbores de ribeira en moitos casos. Pero os soutos as veces están a carón dos ríos:

Así a liña 1ª é a carón do río, neste caso poño como exemplo o río Lor, no Caurel: nesta liña 1 están os  salgueiros, bidueiros e amieiros. (Norma xeral)

Así na   2º liña: os chopos, freixos, etc (Norma xeral)

Árbores en   3º liña: os  castaños nos soutos e os carballos nas carballeiras,  etc. (Norma xeral)

 

En Galicia é moi abondoso.

"Sobre a flora e a vexetación dos ríos de Galiza".

Citar sobre os ameneirais, un trozo dun  traballo publicado por Xavier Amigo nos cadernos de Adega, concretamente no nº 14, dedicado os ríos galegos.

Sobre a flora e a vexetación dos ríos de Galiza.

Sobre os ameneirais dice Xavier amigo, no traballo citado:

"...Os ameneirais serían os tipos máis comúns e estendidos de bosque ripario que se poden recoñecer por numerosísimos treitos de ríos galegos. O dominio arborado corresponde ao ameneiro acompañado de freixo (ben Fraxinus excelsior, ben F. angustifolia, moi excepcionalmente ambos); tamén se fai constante o salgueiro (Salix atrocinerea) e poden aparecer outras especies arbóreas pero sempre de xeito minoritario como o bidueiro (Betula celtiberica), o pradairo (Acer pseudoplatanus) ou  o ulmeiro (Ulmus minor). No seu sotobosque pódense atopar especies arbustivas como o estripeiro (Crataegus monogyna), a pereira (Pyrus cordata) ou o sanguiño (Frangula alnus), e un conxunto de especies herbáceas nemorais normalmente máis numeroso e diverso que o dos bosques riparios que poden estar na súa veciñanza; ademais a miúdo inclúen un apreciábel contido en fentos..."

Xavier amigo, distingue no traballo catro tipos de asociacións en Galicia:

A) A asociación Valeriano pyrenaicae-Ameneiro que ten ademais o freixo do norte (Fraxinus exccelsior). Atópase en Galicia entre o río Eume e o río Eo.

B) A asociación Senecioni bayonensis-Ameneiro que é a que aprece máis en Galicia. Tamén có freixo anterior, raramente cós dous. Que incluye tamén herbas grandes como a Senecio bayonensis e o Narcissus cyclamineus. Vese na Coruña, toda Pontevedra e parte de Lugo e Ourense.

C) A Galio broteriano-Ameneiro o parecer no interior de Ourense e algo en Lugo. Non leva o freixo pero si o ulmeiro.

D) Ameneiral-chopeira dase en microclimas mediterráneos como por exemplo polo Barco de Valdeorras. Aquí aparece o chopo (Populus nigra) e salgueiros de gran talla como o Salix fragilis ou Salix neotricha.

 

Por último tamén fala dos salgueirais riparios que hai en Galicia sobre todo as beiras de leitos menores de ríos caudalosos con réxime mediterraneo:

"...Segundo estudos moi recentes (Amigo,2005) podemos decir que contamos en Galiza con dúas asociacións deste tipo de salgueirais: a Salicetum salvifoliae, estendida polo Sil e a súa continuación cara o mar que é o río Miño entre os Peares e Tui, e a Salicetum angustifolio-salvifoliae, bastante común en ríos de Castela-León pero na Galiza só se representa nun curto treito do río Sil que sirve de divisoria con León...nesta segunda intégranse outras especies de salgueiros típicamente mediterráneos que non se atopan no resto de Galicia..."


 

salir.jpg (922 bytes) Saír.