Abrupto é un terreo, a
carón dun río, que sexa de superficie irregular con gran
inclinación e abundantes desniveis. As pendentes próximas os 70º.
Tamén se dí
accidentado,
crebado, escabroso, escarpado, quebrado, salagre, fragoso e outros.
O antónimo é
chairo, chan, liso. plano, regular.

Este río Asturiano é abrupto neste tramo,
as pendentes son moi altas e realmente é malo de andar. Descoñezo o
autor da fotografía.

Río Xallas na desembocadura, presenta lugares abruptos
como o da fotografía. Dende logo é moi irregular e en moitos lugares presenta
pendentes de máis do 70º.

Río Xallas. Moi accidentado ou escabroso en zonas.
Fotografías de agosto de 2012.

A partir do encoro, neste caso de Fervenza
no río Xallas, este río ten un tramo chairo ou chan. De tódolos
xeitos as subidas de nivel fan a este tramo do río peligroso.
Saír.

|