Unha troitada
é para os pescadores e
troiteiros unha boa cesta de troitas.
Tamén se fala de troitada cando se
comen unhas boas troitas do país, das que case non quedan. Por suposto que
sexan palmeiras e das que cumplen as catro efes: frescas, frías, fritas
e fragosas.
No pobo de Hermisende (Zamora) ,
por onde pasa o río Tuela, a un grupo de troitas chámaselle
Moada. Esta palabra está
recollida do traballo de José Rguez. Cruz sobre a fala deste pobo que fai
fronteira con Ourense e Portugal.

Na fotografía que aparece no
libriño "El gran libro de la Pesca de la Trucha", aparece
o autor Juan Roig con 20 troitas de medida, "o cupo
daquelas", pescadas a cana e sin trampas nin cartón. Troitas
todas elas autóctonas, non as pachangas que se pescan hoxe, en
xeral.
O que se dí ¡ Unha boa troitada!.
|
|

Na fotografía que aparece no
libriño Caza e Pesca en Galicia de José Maria Castroviejo
vese unha boa troitada.
Neste caso 10 troitas marabillosas en tamaño.
O que se dí ¡ Unha boa troitada!.
|
|

Troiteiros hai moi poucos.
Pescantíns hai moitos.
Coller unha boa troitada hoxe en Galicia non é
doado, nunca o foi si as troitas son autóctonas, ou sexa o que se
chaman troitas do país.
O cupo en moitos ríos de Galicia é de 15
troitas, polo menos na temporada do 2001.
Hoxe no 2010 é de 10 troitas
e en algúns lugares de 8.
|
|

Na fotografía de Francisco Díez, do libro
"La
pesca de la trucha en los ríos de León" de Jesús
Pariente, 1979, tamén se ve unha boa troitada por riba da
mesa. Dan ganas de comela.
Persoalmente as troitas gústanme máis pequenas, fritas con
unto ou panceta, con patacas cocidas e unha boa ensalada de leituga.
O viño do ribeiro vai moi ben coas troitas, personalmente
gústame un Vilerma ou un Emilio Roxo ou un Sameirás pero hai outros viños
excelentes no Ribeiro. Por suposto un mencía ou un godello do Barco vai
incrible. Como postre o queixo que se ve na
fotografía está ben. Si me deixan escoller o pan que sexa
de Cea.
¡¡Que aproveite a troitada!!.
|

Na fotografía vese a esquerda unha boa
troita autóctona do río Limia, a dereita o meu compañeiro cunha
boa troitada, 20 troitas todas cuarteronas, o cupo daquelas. Por
detrás lugar onde se colleron no río Limia pola zona da
Herdadiña, hoxe encoro de Lindoso e desfeito para a pesca da
troita.
Eran os anos 1975 e 1976. ¡Xa choveu!...

Non fai moito que collín esta troitada,
maio do 2010, a verdade que facía tempo que non pescaba o cupo,
inda que na fotografía falta unha troita que pesquei despois. Hoxe
non é normal...

O mismo día da pescata anterior o meu
compañeiro Julio Taboada, máis coñecido por Páxaro, tamén colleu
o cupo e o que é mellor quedou namorado do río...non me estrana...eu
tamén.
Saír.
|