Por
escarallar un
río, algúns galegos, entendemos pór en mal estado ou
en peor estado do que estaba o río. Tamén perder o que tiña de bo, neste
caso un río. Eu
diría que escarallar un
río é rematar coa maior parte dos seres vivos que
habitan o río e as súas ribeiras. Tamén decimos
escoñar un río,
que é o mismo.

Esto é unha das formas de
escarallar
un río, observar como iba o río Limia ese día en
Pontelinares (Ourense), ver por riba do azud da presa, e como se queda
por baixo. Unha auténtica
desfeita impresentable, o 10% do caudal do río, así está a lei,
é ridículo, o mal chamado caudal ecolóxico, e un fío de auga;
por riba a escada de peixes que ten na parte dereita do azud é
impresentable, por ela soio suben as "troitas voadoras"... O río
a partir deste lugar está desfeito. Esto é escarallar un
río, como o río Limia, unha auténtica marabilla fai corenta anos...
A verdade que en Galicia do 2002,
cando escribo este texto, está de
moda escarallar os ríos. Uns por que non saben máis, outros porque non
pensan nos demais (non teñen ningunha educación ambiental, nada máis que
na súa casa..., hai moita incultura na xente) e outros por encher os seus bolsillos
a conta dos ríos e inda por riba de forma legal?... O que é certo é
que de seguir así "os nosos fillos, e
non digamos os nosos netos, atoparán uns ríos escarallados de
todo... unha triste e brutal herdanza, dunha civilización que se di
culta..."
Hai moitas formas de escarallar un
río, nas fotografías que siguen pódense ver as máis usuais, utilizadas
en Galicia e recollidas dende 1980 ata hoxe 2020:

Escarállanse a tope coas minicentrais.
A Xunta do P.P. dice que non, pero non hai máis que visitar unha, para
darse conta. Os nosos científicos xa o dixeron
"O
maior disparate imaxinable contra a nosa natureza"
Ver o río Limia totalmente escarallado. (Por
riba o río a tope, por baixo case sen auga).
|
|

Continuación coas minicentrais:
Minicentral do río Limia, unha máis entre as 300 previstas en Galicia, xa hai casi 120 funcionando. Todas, sin
excepción escarallan a tope os ríos galegos. Coas
minicentrais desaparecen cantidade de especies.
Eso é unha realidade demostrable.
|
|

Continuación coas minicentrais:
A maioría non teñen escadas de
peixes. Minicentral do río Tuño. Caudal
impresentable. Río Tuño desfeito. As minicentrais, de seguir así están a
rematar co mellor que temos en Galicia.
Por suposto non hai escadas
para que poidan subir os peixes migradores como a troita, por
exemplo.
|
|

Escarállanse a tope roubando a auga
o río.
Río totalmente sen auga
por culpa dun encoro, neste caso é o río Xallas. Esta é unha práctica común, dende 1945
ata hoxe, das grandes empresas eléctricas. Moitos ríos quedaron
secos e están escarallados irreversiblemente.
Algúns inda siguen hoxe sin gota de auga ou
con apenas unhas gotas.
Esto é lamentable e demostra que as empresas
explotadoras destes encoros teñen de ecoloxistas cero patatero:
Ferroatlántica, Fenosa (hoxe Naturgy), Iberdrola. Endesa e outras inda presumen de cuidar o
Medio Ambente. ¡Hai que ter cara!...
Por certo hoxe, agosto
de 2012 xa deixan o caudal ecolóxico. Lóxicamente houbo unha
denuncia e perdoron o pleito...
|
|

Escarállanse a tope roubando a auga
o río.
Río totalmente sen auga
por culpa dun encoro, neste caso é o río Eume. Esta é unha práctica común, dende 1945
ata hoxe, das grandes empresas eléctricas. Moitos ríos quedaron
secos e están escarallados irreversiblemente.
Neste caso é outra
vergoña impresentable xa que son cinco kms. de río sin auga en
absoluto, igual que o anterior, pero nun parque natural como son
as Fragas do Eume.
Estos srs. neste caso
Endesa non teñen perdón.
A Xunta de Galicia
debera poñerse seria e decirlles que ou corrixen esta
falcatruada ou quitan a concesión do encoro.
Pero falta o que hai que
ter e hai moito diñeiro por medio. O resultado é o río
escarallado a tope.
Endesa inda non perdeu
este pleito, pero vaino perder...Esto é un atraco...
|
|

Escarállanse a tope cós encoros,
que non cumplen a lei, que son todos en Galicia.
Non deixan subir as especies migratorias,
e fan o
que lles da a gana co caudal ecolóxico. A maioría dos
encoros galegos non teñen escalas ou escadas para que suban e
remonten as especies migratorias; ou sexa a presa é ilegal...
Fan vertidos incontrolados nas limpezas de turbinas e un longo etc. máis digno dunha
república bananera que dun país civilizado.
Hoxe cando algunhas presas terían que deixar
de producir KW, xa cumpliron ou están a punto 75 anos de
explotación, están ampliando o uso delas para perpetuarse
no futuro (eso non é legal)...Outro roubo que os nosos políticos deixan facer...A
maioría forman parte do negocio...ou reciben prebendas a
cambio...
|
|

Escarállanse a tope cós caudais
ecolóxicos que deixan as minicentrais e encoros en Galicia.
Son unha auténtica vergoña que non permiten
vivir nin as rás.
Na fotografía observar o
chorro de grifo no que queda convertido o río Navea en Chandrexa
de Queixa. O caudal ecolóxico actual, do 10% do caudal medio, é
unha auténtica aberración e escaralla os ríos de forma total. O
malo é que non hai nada que facer, a administración sempre perde
cando se aumenta este caudal...
Ver o que é o
caudal
ecolóxico.
|
|

Escarállanse a tope coa
contaminación 1.
Moitos galegos inda botan o
río de todo, algúns Concellos botan moita merda ó río e non teñen depuradoras ou non funcionan.
Por exemplo as empresas situadas no Concello de San Ciprián,
envelenan o río Barbaña un ano sí e outro tamén...
Na fotografía unha mostra do
primeiro: hai unha lavadora, pero teño atopado de todo, colchóns,
somiers, fregadeiros, váteres, ata un coche 600, no río Bibei, fai
uns anos, em pleno couto de pesca; denunciei o caso e fixerono tramo
libre sen morte...
Vivir para ver...O medio Ambiente en Galicia ata hoxe e propio dun
país bananeiro...Dáselle pouca importancia a natureza...
A auga será o ouro do
futuro e nós, Galicia, estamos a vender ese ouro, `pero non
por necesidade, uns soio por encher os bolsillos, e
outro por que non saben máis...
|
|

Escarállanse a tope coa
contaminación 2.
Esto é unha mostra de como
as empresas do Concello de San Ciprián de Viñas, en Ourense,
deixan as veces ao río Barbaña, neste caso cuberto dunha espuma
impresentable, tercermundista e de cárcere...
Pois ven, esto ocurre polo
menos unha vez ao ano, as veces con morte total da fauna.
País...
Nota. no ano 2009 foron
máis de dez veces as que se contaminou, unha delas con máis de
17.000 peixes mortos o río Barbaña...
No 2012 cando reviso este
texto xa levamos varias contaminacións deste tipo, e non hai
culpables...
No 2021 seguimos...
Por certo despois do que
levan gastado estos concellos en resolver o tema vexo que inda
seguen a pedir, dos cartos que veñen de Europa polo coranavirus,
para atender a esta contaminación. Hai que ter cara...O malo é
que nos sae a todos do noso bolsillo...
Agora xa lle botan a culpa
ao goberno central...e outras cousas, como decir que teñen a
culpa os regatiños que chegan ao polígono e outras sutilezas...
|
|

Na fotografía de satélite o río
Miño no encoro de Castrelo totalmente
eutrofizado.
Causas: a merda que botamos en Ourense e outros
lugares o río.
Os pobos escarallan os ríos cando non depuran
as súas augas.
As depuradoras en Galicia están nos despachos,
e nese sitio pouco fan. Moito conto, pero nada de nada en xaneiro do
2002, salvo excepcións contadas.

Encoro das Conchas.
Nota: a eutrofización está de moda en Galicia
no anos 2006 a 2012, son famosos os casos do Encoro do Umia, do
encoro das Conchas, do encoro de Castrelo,
do encoro de Cachamuiña, encoro do Incio e outros moitos.
Dicen que teñen solucións, gastan millóns... pero non é certo. A
única solución e non contaminar os ríos e en algúns casos deixar
que a auga corra polo río...
Por certo estas augas son tóxicas, e digan o
que digan non se pode beber delas.
|
|

Os ríos non pode ir deste xeito. Totalmente
contaminado. Ourense 2002. Río Barbaña. O
río Lonia en Ourense vai parecido.
Este é un río escarallado totalmente. Hai
moitos neste estado.
É a morte total. Ademáis é nausebundo.
No 2007 sigue igual...
No 2009 morreron 17000
peixes. No 2010 xa foi contaminado outra vez... E siguen no
2021.
|
|

Escarállanse a tope con algúns
vertidos, como o destas vacas tolas mortas e outras cousas peores,
como os puríns e outros.
Día sí e día tamén hai vertidos en Galicia.
Por regra xeral enterámonos do 1% dos vertidos.
Fanse moitas denuncias pero van arriba poucas.
Por certo o pago deste vertido non chegou as 50.000 pts.
Hoxe os puríns, o resultado
dunha agricultura desmadrada e sin cabeza, están a deixar ríos
en toda Galicia, prácticamente mortos: río Mao en Montederramo,
por exemplo, e outros moitos. Ríos marabillosos en tempos e que
se ven sucios (o fondo) e sin troitas autóctonas, xa que
morreron.
É unha auténtica plaga esto
de botar veleno os ríos. Estercan prados e leiras a carón dos
ríos que se acaba filtrando o río ou ben as choivas arrastran o
río. Auténtico veleno...
|
|

Escarállanse os ríos cando se
envelenan,
Caso da fotografía coa morte no
río Arenteiro de máis de 40.000 troitas (ano 1997).
Por certo inda non se sabe quen tuvo a culpa e
si pagará ou non. Seguro que non hai culpables, será unha falta
leve... Xa se sabe.
Pagaron pouca cousa, unha vergoña...
|
|

Continuación do anterior:
O envelenamento dos ríos ocurre día sí e
día tamén. En xaneiro do 2002 xa van uns cantos: Arenteiro, Avia,
Miño, etc.
E os que non se denuncian...
Os vertidos son continuos.
|
|

Algúns vertidos producen
malformacións na fauna.
Dito doutro xeito a
morte da fauna dos ríos galegos.
De momento hai poucos casos, pero están ahí.
Por
poñer un exemplo: en Ourense ciudade, as troitas
grandes teñen exceso de metais. Demostrado
en troitas de 40 - 50 cms.
|
|

Repoboacións con especies de fora,
outra forma de escarallar os ríos.
Máis
resistentes a merda e a contaminación de todo tipo, pero que remata
coas especies autóctonas.
Xa o fixo en algúns lugares como o encoro das
Conchas, onde soio hai carpas prácticamente, cando se pescaba o
mellor peixe da provincia, falo dos anos sesenta do século
pasado. Outros lugares como
Lindoso e outros están a punto de sufrir a misma historia...unha mágoa.
Eu nesto das especies exóticas teño a miña
teoría, pero supoño que si se parte de que un encoro convirte en
lodazal o terreno que anega, e se pensa na vida que existía no
río se chega de forma doada a conclusión de por qué se botan
especies foráneas ou exóticas como as chaman...Logo chámanas
rías interiores...
|
|

Escarallanse os ríos facendo
barbaridades.
Os ríos teñen un canle e hai
que deixalo como está, inda amplialo si é posible, xa que nas
enchentas veñen as desgracias.
Na fotografía unha piscina na canle do río.
Hai moitas na provincia de Ourense, algunhas ben feitas pero a
maioría escarallando o río.
|
|

O encauzamento dos ríos é unha
práctica diaria. Outra forma de escarallar o río
Salvo casos contados. Os cartos de Europa hai que invertilos e nada
mellor que escarallar os ríos, facer praias fluviais, muros,
piscinas e un longo etc.
Olvidan, eso sí, poñer unha depuradora, eso
non da votos. Soio
miramos o bolsillo e así non vamos a ningures...
Algún día pagaremos estas e outras
construccións, comendo terreo os nosos ríos...
No 2010 por pouco afogan os das casas da
fotografía... incrible.
|
|

O río Cenza convertido nunha
piscina.
Ata o leito está encementado. Por
certo foi encementado sendo couto de pesca da troita. Hai que ter
cara...
Este é un exemplo (sobre 200 millóns o
proxecto) de onde se invirten algunhos cartos de Europa: en
escarallar ríos.
O pobo de Vilariño de Conso non ten depuradora, pero ten unha
piscina incrible.¡¡ O río escarallado!!. Seguro que últimamente
montaron a depuradora dos barcos, que por certo funcionan pouco
xa que aparte de ser caras, gastan moita electricidade, son
malas depurando.
¡A xente está feliz!...
|
|

O río Búbal, nos Peares, convertido nunha
piscina.
Ata o leito está empedrado,
seguramente con bloques de granito de Porriño.
Realmente a mín dame noxo ver estas
barbaridades que se están facendo a conta dos nosos cartos en
Europa, e logo ver as desfeitas que fan con nós na leite e na flota
pesqueira. Claro que son elucubracións miñas, xa que una cousa
pode non ter que ver con outras...
|
|

O progreso mal entendido escaralla
un río.
Neste caso trátase da autovia de Ourense a
Vigo xusto pasando por riba das pozas de Melón. Realmente non hai
perdón nin cuidado, nin tan siquera son sensibles coa natureza.
Podía pasar por vinte mil lugares, pero non,
xusto por ese lugar. Non se entende...
|
|

Outra forma de escarallar un
río, é simplemente ocupando o río, comendo terreno o río,
Nesta canteira no río Fareixa os escombros van todos o río. Esta
é unha practica común en moitas canteiras de Galicia. Xa non
digamos da extración de pizarra onde estos barrancos son típicos e
os ríos son de tódolos cores...
Outra
forma de escarallar un río.
Denuncias e nin caso...
|
|

Outra forma de escarallar un
río: cós incendios:
Os incendios están a matar
a moitos ríos de Galicia.
Neste caso o río Navea en
Chandrexa de Queixa. Morreron centos de troitas afogadas pola
cinza. As beiras están cheas de cinza e entérrase un ata 50 cms
en moitos lugares.
O mismo seguro que pasou
nas Fragas do Eume.
Os incendios están a
escarallar totalmente os nosos ríos.
|
|
HAI MOITAS MÁIS FORMAS DE
ESCARALLAR UN RÍO. |

Esto é escarallar un río, neste caso o
río Cerves en Melón (Ourense), observar a desfeita que está a facer a
máquina excavadora, o río estaba cuberto de pedras que a máquina intenta
poñer no seu lugar...destas desfeitas en Galicia moitas..están de moda...
Por certo cando botaron o cemento do azud mataron todas as
troitas río abaixo...Saíu na prensa pero non pasou nada...son os
amos dos ríos de Galicia...

!Basta xa de escarallar os ríos!.
(Tres o cuatro anos máis e o 90% dos ríos
galegos, sensacionais, pasarán a historia e serán cloacas sin vida ou con
vida non autóctona).
----------------------------------------------------------------------
Ampliación en Xullo de 2012 - outubro
2013- xaneiro de 2016 -marzo 2020:
Por suposto que suscribo o dito
anteriormente.
Que como están hoxe? (xullo 2012-outubro
de 2013-xaneiro de 2016 - marzo 2020) os
ríos galegos, setembro de 2021? : na UVI.
Penso que hoxe máis do 90%
(novo dato 99%) dos ríos galegos
están contaminados dunha ou doutra forma. A maioría con
puríns e outras
falcatruadas botadas o río e que producen cambios no PH das augas, metais dabondo
nos seres vivos que as habitan, por riba do permitido, morte e
desaparición da fauna e outras cousas...
Repito, en xaneiro de 2016 digo que un de cada cen
ríos non ten contaminación ou está en bon estado. Penso que me quedo corto.
En Ourense, por exemplo, fai pouco puña dous pequenos ríos que no
nacente están en bon estado, o río Ribeira Grande e o río Ribeira
pequena, ríos do invernadeiro e para eso nos primeiros kms. Logo xa se
xunta co Camba que ven penoso...O resto está en mal estado,
incluído ríos emblemáticos ata fai pouco como o río Xares e o Navea.
As depuradoras non existen, ou non
funcionan ou foron un engano (algúns en Ourense chaman depuradoras a
decantadoras de merda e sólidos...por certo que valeron un ollo da cara. Hai moito
chourizo solto...). Todo vai o río...
En Ourense montáronse, a cargo dos cartos europeos
107 depuradoras que a maioría están casi todo o día paradas, teñen un
mantemento caro que os concellos (de menos de 500 habitantes) non poden
asumir.
Eu penso, desgraciadamente, que me
quedo corto no anterior.
No 2020 resulta que os ríos ourensáns están en
"metástasis" como dice José Gómez e ten toda a razón, o malo é que no
resto de Galicia van polo mismo camiño...
Os ríos galegos están dunha ou
doutra forma escarallados.
O autor da www.
Secundino Lorenzo.
--------------------------------------------------------------------------------------
A proba de que me quedo corto:

Río Umia no Encoro de Baxe e Río Limia nas Conchas
eutrofizados no 2011 por vertidos e outras causas...No 2019 siguen
eutrofizados e impresentables...
Esto é escarallar un río...

Río Barbaña en Ourense contaminado por vertidos químicos
e outros, todos os meses do ano, outro desastre...
Esto tamén é escarallar un río...

Río Navea en Chandrexa de Queixa, na UVI, setembro de
2012. por mor dos incendios. Morreron casi todas as troitas e as beiras
están cheas de cinza. Un río que era non fai moito dos mellores de Galicia.

Así se está acumulando a cinza no encoro de
Chandrexa, ata casi un metro de alto. Esa cinza pasou polo río
anterior e matou todas as troitas o ano pasado 2012.
Ollo non toquedes esta cinza, queima. Metes
un termómetro nela e sube rápidamente a temperatura...
¡Menuda herencia que deixamos os
nosos netos,
no meu caso de momento Aldán e Madi!
¡Que sepan polo menos da miña
loita dende 1960!
Saír.

|