Barranco
|
 |
Un barranco é unha creba profunda
producida na terra por un río ou corrente de auga. En realidade trátase
dun terreo profundo e escarpado.
Tamén se chama precipicio,
cavorco,
cavarco,
cavarca, barronca,
fondada, barronqueira, barranqueira, cavanca, cavaixe,
groba,
gorbia, etc.

Na fotografía de Francisco Diez
vese perfectamente, a dereita da foto, unha barranca ou barranco.
Tamén se lle chama precipicio.
Os pescos sabemos que non é doado pescar
por esa beira, salvo na estiaxe.
Por outra banda é peligroso.
|
|

Na fotografía vese un barranco,
neste caso producido pola apropiación indebida dunha canteira, en
Ourense. En Xubín.
Trátase do río Fareixa.
O propietario está denunciado pero nin
caso; debe ter boas agarradeiras. Por detrás hai unha fervenza marabillosa, cunhos muíños
tamén moi bonitos, pero a zona está quedando impresentable.
O lector pode darse idea do que é un
barranco ou unha barranca.
|

Esta é a fervenza que está detrás do
barranco da fotografía anterior.
A dereita hai unha canteira que todo o
que quita da montaña vai tirando o río, neste caso o río Fareixa.
A canteira produce, polo tanto, o barranco anterior
e o destrozo total da zona.
A palabra barranqueira
utilízase pola Terra de Cotobade, así aparece no "Vocabulário
ilustrado da Terra de Cotobade" de Ramiro Barros Justo.
|
Saír.
|