Valgada
|
 |
A Valgada
é a parte máis baixa,
ou sexa a máis fonda, dun val
por onde corren as augas naturais da choiva, dos mananciais, regados, etc.
En galego tamén se dí
Vagoada,
Vaganta, Cavaixe, Camba e outros nomes.
No Incio dicen Vaguada.

Efectivamente trátase dunha
valgada, ou sexa un pequeno val por onde discurre neste caso un bon
río.
Hai ducias de valgadiñas en Galicia.
|
|

Este tamén é un pequeno val por
onde discurre un río.
Moi similar a esta fotografía era o val do
Cenza, en Vilariño de Conso, Ourense, hoxe baixo as augas dun
encoro.
Hai moitos Val en
Galicia: Val do Mao, Val de Quiroga, etc. Normalmente levan o
nome dos ríos.
|
|

Valgada do Cenza. En realidade
era o mellor val glaciar de Galicia. Fixeron un encoro en 1992. Unha
salvaxada natural como outras moitas.
¡Menudo río!
Hoxe desfeito.
Observar a morrena
glaciar.
|
|

Ver como era o val glaciar.
En realidade tratávase dunha valgadiña
preciosa dunhos 6 ou 7 kms. de longo.
Unha auténtica marabilla.
Nese val había curros de moitos anos atrás.
Quedaron algúns debaixo das augas.
|

Nesta fotografía vese o Val do Cenza (Vilariño de
Conso-Ourense), que hoxe está baixo o encoro do Cenza, a valgada ou vaguada
é por onde iba o río que neste caso casi non se ve, pero vai como un
regatiño na parte baixa e marcado por pedras. O curro, no que tuven a
sorte de estar dentro nunha ocasión que fun de pesca a ese río, está
no medio da fotografía. Uns muros, de casi dous metros de alto, para coidar
o gando dos lobos; vacas e ovellas que podían pasar varios días dentro.

Val do Cenza, visto dende Cabeza de Manzaneda. O
curro anterior queda o fondo a dereita. Evidentemente co encoro non se ve a
vaguada que había no lugar. Un Val Glaciar do máis bonito de Galicia. Hoxe
vese perfectamente fixeron unha estrada o redor do encoro. Cando eu iba de
pesca a este lugar polos anos 1970-1990 no había esa estrada. Por certo un
lugar de pesca da troita marabilloso naqueles tempos... Hoxe está mal, como
todos os encoros unha vez que pasan dez anos..

O mismo día que saquei a fotografía anterior, unha
viaxe pola Edreira, Cabeza de Manzaneda, Pista do Marroquí, etc. O baixar
pola Serra deixando a dereita a Edreira e a esquerda esta valgada onde
seguramente nace o río da Ribeira Grande do Invernadeiro; en calquera caso
unha marabillosa fotografía na miña opinión.
Saír.
|