Troita
A
Troita
é o peixe máis importante
dos ríos galegos. Ten o corpo alongado, pel oscura e pintas avermelladas ou
negras
polos lados. Unha das aletas, a adiposa (ver máis abaixo) é a distintiva da
troita cos outros peixes de río.
O nome científico da
Troita
, da nosa troita de Galicia,
é Salmo trutta
trutta, aclarando que falamos do ecotipo residente ( o reo é o ecotipo
migratorio).

A troita ten varios
nomes: truta (polo norte de Galicia, xa no límite con
Asturias, como en Ribadeo, Navia de Suarna), truita e
trutia (en zonas da costa A Guardia, Panxón,
Cangas,...). Taiña, este nome dáselle a troita do río
Deva por Touzosas (Pontevedra) sempre e cando a troita teña pintas
vermellas con alo amarelo.
¡ Xa
está ben !.
Un berro a favor das nosas troitas autóctonas e dos ríos galegos.
Os que queirades
profundizar no tema da troita tendes este link meu
con todos os detalles deste peixe mítico...

Cousas que hai que ter claras sobre a
Troita:
É o animal máis fermoso do mundo:
"Deus puido, sen dúbida, facer un animal máis fermoso que a troita, pero,
tamén sen dúbida, non o fixo Deus xamais"
Botteler.
É un animal que hoxe está en peligro:
Hoxe ten moitos inimigos:
os purins de todo tipo, a contaminación, a inexistencia de depuradoras na maioría dos pobos e nas
súas industrias, os incendios, as minicentrais, os encoros, os aproveitamentos
indebidos de ríos,
os que envelenan os ríos, a pesca intensiva, entre outros.
Entre outras moitas cousas das troitas,
nesta misma páxina, tendes esta ficha para saber distinguila ben,
sobre todo a nosa troita:

Troita do río Navea (afluente do río Sil en
Ourense), un gran exemplar,
algo marabilloso. O detalle dos dentes do vomer téndelo
explicado na ficha da troita nesta misma
páxina web.
A aleta adiposa é un distintivo das troitas de
todos os demais peixes de río.

Nese rincón do río Navea collín
precisamente a troita anterior, unha postura marabillosa que
sempre me deu troita. O dala a curva está o Pozo do Chicho e
logo o Pozo do Félix que foi como bautizamos esos pozos o meu
amigo e mais eu. Tempos aqueles nos que este río daba troitas e
troitas todos os anos, era un auténtico viveiro. Hoxe está
defenestrado, mal cuidado e da man de sabe Deus...Inda por riba
ardeu toda a zona e está cheo de cinza, e para rematar fano
tramo de troita sen morte...

Mapa do río Navea da zona onde foi pescada
a troita. A verdade que esta zona xa a pescábamos polos
anos setenta cando había que deixar o coche en Sta. Cruz e este
camiño era moito mais estreito.

Prado das abrotias. Marxen dereito do río.
Prado con dous carballos na parte de arriba, pai e fillo.

Abrotia espectacular.
Nota sobre o nome taíña:
Falando con un paisano de Touzosas
(Pontevedra), no couto troiteiro do río Deva díxome que as
taiñas eran troita de pintas vermellas e o redor das
pintas unha zona amarela. Así queda recollido.

A taiña do meu amigo de
Touzonas tiña que ser unha troita autóctona do río (na súa parte
media), no que o amarelo da parte de abaixo fai que a aureola
das pintas vermellas fora dese cor amarelo.
Saír
