Choutar                    

Río Navea. O meu gran río en tempos.

 Neste río vín choutar e tinguilear moitas troitas.

 

Troitas como esta marabilla, fotografiada precisamente nese río.

      A Troita  é o peixe máis importante dos ríos galegos. Unha mágoa que esté a desaparecer dos nosos ríos e esto estou a escribilo no 2024.

Choutar para un home é elevar o corpo e os pés do chan mediante un impulso, tamén se dice saltar, brincar, pular e outras palabras. Pero estamos nun dicionario fluvial, e estamos recollendo palabras galegas e resulta que as troitas no río a súa maneira choutan, elevan o corpo axudándose do rabo e da súa forza  amaioría das  veces para coller a súa comida, os mosquitos e insectos voadores que son a súa comida favorita...

Esa é a palabra.

Outras veces tinguilean cos rabos, producen un son de tintín, entendendo o tintín como un son dun obxecto de cristal ou de metal golpeado suavemente.

 

Libro "Miño, río pai e amigo". Autor Xosé Otero Canto.

 

Vou poñer unha poesía do poeta lucense Xosé Otero Canto, sacada do seu libro "Miño, río pai e amigo" , poesía que titula "Tinguileando cos rabos", poño tamén o dibuxo de José María Lugilde que acompana a poesía:

 

        

salir.jpg (922 bytes) Saír