Adiviña,
en Galicia, é un enigma ou pregunta engañosa para entreterse en acerta-la
resposta.
Tamén se chama
adiviñanza.
Aquí tes catro exemplos, salvo a
primeira que é unha broma miña, sabedes que eu fun pescador e inda sigo
sentíndo o río como o primer día, polo tanto esa troita marabillosa xa
sabedes quen a pescou.
 |
Adiviña quen pescou a
troita da fotografía?.
Trátase dunha adiviña moi doada.
Vexamos outras máis difíciles.
(Si non tés idea pulsa na fotografía da
esquerda).
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
? |
É longo coma un camiño
é vai fozando como un
cochiño......
(Si non tés idea pulsa no interrogante da
esquerda). |
.......... |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
? |
Atrás dun penedo
pariuno súa nai
correu pola terra
e casou no mar.
(Si non tés idea pulsa no interrogante da
esquerda). |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
?
Esta é a adiviñanza máis
dificil de acertar; xa que debedes dicir de quén se trata e
ademais explicar os versos un por un; pero eu xei que verso a
verso e usando a lóxica daredes co nove. As veces hai tamén que
usar un razoamente o revés. ¿Que non sabedes usar esos
razoamentos?, preguntai... seguro que o profesor vai a decir que
fagades unha hipótesis (o que pensades que pode ser) e logo ver
si cumple as condicións...
|
Non é troveiro, e ás veces
canta;
anda, como a serpe, deitado,
vive con frio e desacougado,
e non é cabalo nin se
espanta,
ten cinco frenos e un bozal,
mais chega brincando a
Portugal,
meus amigos a verdade é
tanta. |
Saír.
PRIMEIRA
ADIVIÑA.

O río.
Dende logo naceu atrás dun penedo, no
Pedregal de Irimia, neste
caso, trátase do río Miño. Paríuna a súa nai: a terra.
Correu pola terra, dende Lugo ata Tui en Pontevedra, nada
menos.
É casou no mar, neste caso en Camiña, xunto a Tui, un
bonito lugar para casar.

|
SEGUNDA
ADIVIÑA.

O río.
Dende logo é coma un camiño e tamén vai fozando pouco a
pouco o leito como se fora un cochiño.
Neste caso é o río Navea, un río especial da Provincia
de Ourense.
Trátase dun camiño marabilloso e dende logo o cochiño
traballa moito, sin lugar a dúbidas.

|
TERCEIRA ADIVIÑA.
O autor da web

Efectivamente a troita foi pescada neste río, o río
Navea en Chandrexa de Queixa polo autor da web, o que
escribe. Seguro que ó adivinaches...

|
A máis dificil
Efectivamente trátase do noso gran río de Galicia,o Pai
dos ríos galegos o gran...
RÍO Miño, Pai Miño,
Minho en Portugal.
A contestación é Río Miño.
Que o río Miño canta, está bastante claro, outra cousa é
entendelo...
Vai deitado no seu canle, efectivamente coma unha serpe.
Que pasa frio e vai moita veces desacougado é unha
evidencia, e teño visto tamén o río Miño moi incomodado e fora de sí...
Ten cinco frenos dende o Pedregal de Irimia ata a súa
desembocadura ou foz: os encoros de Belesar, Os Peares, Velle, Castrelo
e Frieira e menudos frenos...estos encoros fan vello o río Miño sendo
inda novo...
O bozal está o final pero el na foz vai contento, leva
medo e pensa que lle vai sentar mal o bozal que lle porá o Atlántico
pero non...eu sei como pensa e pódovos dicir que ó fai con alegría.
Na miña páxina do río Miño falo do "Medo do río Miño" e
incorporo un texto maxistral de Khalil Gibran:
"..."Din
que antes de entrar no mar, o río treme de medo. Mira para atrás todo o
camiño percorrido, os cumes, as montañas, o longo e sinuoso camiño
aberto a través de vales, canóns e poboados, e ve fronte de si un océano
tan grande que entrar nel só pode significar desaparecer para sempre.
Pero non hai outra maneira, o río non pode volver. Ninguén pode volver.
Volver atrás é imposible na existencia. O río necesita aceptar a súa
natureza e entrar no océano. Soamente entrando no océano diluirase o
medo, porque só entón saberá o río que non se trata de desaparecer no
océano, senón de converterse en océano".
Khalil
Gibran.
E nada máis.
Unha aperta a todos
Secundino Lorenzo.
 |