A cambitada cargada de troitas fai referencia a unha forma de levar as troitas para a casa.  O normal é ter unha cesta ou cacifo  (normalmente énchese de fentos femia) e as troitas gárdanse nela. Pero tamén se utiliza a cambitada que se fai así: faise unha cambela cun viorto de salgueiro ou outra  árbore, que non é máis cun pao especial, no que unha das puntas queda en "V" e a outra lisa, de xeito que o coller as troitas, e por suposto matalas, métese o pao polas agallas (engalas)  da troita e así queda colgada perfectamente na "V".  A cambitada é o conxunto de troitas posta deste xeito, ou sexa,  metidas na cambela. Tamén se chama cambito de troitas, e cambos (X. Lorenzo Fernández),  a ese conxunto de troitas levadas dese xeito.

Pola zona de Verín en Ourense, según Manuel Taboada no libro "léxico de la comarca de  Verín" dinlle candiola, a unha rama en V na que se colocan as troitas.

Na zona do río Mandeo fálase  da ganchada, xa que se fai un gancho de onde se colgan as troitas polas agallas ou engalas.

No Alto Miño fálabase como medida de peso no mercado si eran troitas iba por libras e si eran peixes iba por cambadas, cada cambada eran 10 peixes. Datos sacados do Boletín do Museo Provincial de Lugo, século XVIII.

 

 

 

Nesta fotografía, do autor da www, vese o pao perfectamente e como queda a troita colgada. Na miña man está a forma de "V", na que remata o pau por un dos extremos, e  que fai que a troita  quede colgada no pao. Esto é o que se chama unha cambela.

O conxunto de troitas pescadas e metida na cambela da fotografía é o que fai "unha Cambitada de troitas". Tamén un cambito de troitas e tamén un cambos  (Páxina 87 do libro Antología do conto de tradición oral, publicado pola Voz de Galicia).

Xaquín Lorenzo Fernández chámalle cambos, libro O mar e os ríos páxina 158 Ed. Galaxia.

 

 

 

Nesta fotografía sacada do libro ¡Se están cebando! de Luis Quesada, vense dúas cambitadas, o pescador da esquerda tena feita, seguramente,  dun salgueiro e presenta tres troitas. O da dereita utiliza, un cordón.  A fotografía seguramente é de Luis Quesada. Nono sei.

No libro "Guía para pilla-las troitas, miñas señoras" de  Juan José Moralejo, na páxina 35 pón "....na fervenza collín as troitas no seu momento e puiden traer un cambito xeitoso. O que as comeu aínda me fala do boas que estaban..."

 

No pobo de Hermisende (Zamora) que fai fronteira con Ourense e que falan castelan e galego, aparte de ter un río maravilloso o río Tuela, pois ben a un atadillo de troitas como o da última fotografía tamén lle chaman Carrelo. Queda dito. Estudio de léxico realizado por José Rguez. Cruz.

Faime unha indicación o meu amigo Xosé Otero Canto, por certo un escritor e poeta marabilloso, tamén pescador de troitas, coa palabra Gambito, tamén para levar as troitas, dice feito xeralmente de salgueiro,  e define como "...é unha ramiña con outro poliña que terma das troitas..." está claro que estamos a falar do mismo, e máis,  gústame moitísimo a súa explicación, é que Xosé Otero ten un uso do galego, na miña opinión,   exquisito e preciso, que ó ten demostrado con toda a súa obra en galego, ¡que é unha marabilla!.

¡Moitas grazas polas túas aportacións a este dicionario fluvial e a miña páxina sobre o Pai Miño!.

No dicionario Xerais da lingua están recollidas as palabras Gambito e Gambitada, concretamente dice:

Gambito:  é, entre outros, unha galla pequena onde se van colocando os peixes que se pescan.

Gambitada: tamén lle chama Ganchada, cantidade de peixe que se leva no gambito.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.