A conca dun río, tamén chamada conca fluvial, é o conxunto dos terreos ou extensión de terreos entre montañas, caracterizada porque as súas augas van a un mesmo río.
As concas levan o nome do río, así en Galicia é famosa a conca do Miño ou a conca do Ulla.
Tamén se chama cunca. Así fálase indistintamente da Conca do Miño ou da cunca do Miño. Tamén se utiliza a palabra bacía.
Tamén se chama subconca, á que forma a súa vez cada un dos ríos que van a conca principal. Así falamos de que o río Sil é unha subconca do río Miño.
No mapa a Conca do río Miño en Galicia, sin dudalo a conca máis grande.
No mapa aparececen os ríos, máis importantes, que son afluentes do río Miño, dende o seu curso alto onde recolle as augas da Terra Cha, pasando por Lugo e Ourense, ata chegar a Tui.
Prácticamente abarca a mitade de Galicia.
O río Miño é a conca maior de Galicia.
No dibuxo sacado do libro "Os ríos de Galiza" de Manuel Núñez, Adela Leiro e Mon Daporta vese claramente o que se entende por cunca, conca ou bacía; son os conxuntos de terreos que achegan as augas a un río.
As concas ou bacías sempre levan o nome do principal.
Por certo o conxunto de concas que verten as súas augas a un mesmo mar chámanse vertente hidrográfica.
En Galicia hai dúas a Cantábrica e a Atlántica.
A conca do río Sil.
O río Sil é o afluente máis importante do río Miño, pero por si soio podemos falar da súa conca xa que é impresionante.
Foto do autor da www.
Pero non confundamos a conca é o río principal e tódolos seus afluentes.
Si falamos con respeto o río Miño o río Sil é unha subconca.
A conca do RÍO EUME parque natural de galicia.
De vergoña, nin leva auga, nin cumple as normas mínimas e inda por riba está en pleno Parque Natural de Galicia. 6 KMS. de río sin auga. Fotografía do autor. Agosto do 2002.
Realmente unha vergoña.
A CONCA DO MANDEO.
Unha maravilla de conca.
O canón do Mandeo, hoxe en agosto do 2002 tamén está afectado por unha minicentral, pero inda ten vida.
Na fotografía vese o río Mandeo pola zona de Chelo. Sensacional.
A conca por excelencia de Galicia é a conca do Miño.
Ver estos dibuxos:
Conca do río Miño. Dibuxo
Conca do Miño. Mapa
--o--
A parte destas concas son famosas en Galicia:
Na Vertente Cantábrica:
A Conca do Navia, doEo, a Conca do Masma, a Conca do Ouro, a do Landro, a do Sor e a Conca do Mera.
Na vertente Atlántica
A Conca do río Grande de Xubia, A Conca do Eume, a do Mandeo-Mendo, A conca do Mero, a conca do Anllóns, a Conca do Río Grande, a Conca do río Castro, a do Xallas.
A conca do Tambre, a conca do Ulla, a Conca do Umia, a do Lérez e a do Verdugo-Oitavén
Caso aparte xa está dita a Conca do Miño.
Hai outras vertentes tamén ao Atlántico como:
A conca do Limia é tamén a do Támega, que é un río que desemboca no Douro e por suposto pertence a vertente atlántica.