Unha
minicentral
hidroeléctrica feita nun río é un corte radical dos ríos de
pouco caudal ( xeralmente no mellor lugar do río, na cabeceira), por medio
dun muro, feito de cemento e formigón. Por suposto tamén se fan en
río de máis caudal.
Fanse para producir electricidade
(ata 10 MW).
Este é un esquema dunha
minicentral:

1.- Represa.
Xeralmente
corta
2.-Represa ou Azud ou muro
(é un corte radical do río). As escadas de peixes son unha mentira
ou un engano.
3.-Canal de alimentación.
As veces aberto. Neste caso é unha arma de matar.
4.-Comporta de descarga.
Non sirve para nada
5.-Cámara de agua.
6.-Rejilla. 7.-Tubería
8.-Central
9.-Desagüe 10.-Arroio
(caudal ecolóxico xeralmente nefasto. 11.-Liña
de electricidade. |
Ver un exemplo clásico (é un desastre
para o río Limia, pero en xeral son peores):
MINICENTRAL DO RÍO
LIMIA EN OURENSE.

Minicentral do río Limia en PonteLinares.
Ver como ven o río, a tope.
Ver como queda por debaixo.
A minicentral é un muro que rompe co
río, e colle a auga para levala por un canal varios kilómetros.

Ver o
pequeno fío de auga
: chámase caudal ecolóxico, é obligatorio deixalo. Eu no
meu traballo chámolle caudal da morte, xa que non permite vivir nin
as rás, moito menos as troitas. ( 10% do caudal medio). Neste caso
tamén actua, o parecer, de escada de peixes (eu engadiría
voadores xa que dudo da súa utilidade).

Ver o canal o que antes
mencionaba e que chupa o río.
O canal pode ter tres, catro ou cinco kilómetros.
A auga colle forza (polo desnivel) para logo na central mover unha turbina
e producir electricidade.

Ver a misma minicentral.
Deben ter unha escada para poder
subir os peixes migradores como a troita a anguía, etc.
Esta ten unha escada a dous metros do río. Sin dúbida as
troitas do Limia son voadoras.
Esto é una vergonza auténtica.
Claro que os donos dirán que a escada é o canaliño da
foto dous, están de coña, por ahí non suben nin as ras.

Logo despois de ir polo
canal desde un altiño a auga baixa ata esta central onde están as
turbinas, para producir electricidade. Na fotografía está central
ten duas turbinas. É unha mina de facer cartos.
O río está continuamente subindo e baixando.
Unha desfeita.
O río Limia nesa zona non volveu a ser un río bon. É
unha magoa.
Ata fecha supoñen un desastre para o río, xa que están feitas
sin mirar para nada a natureza e simplemente para gañar cartos. (Os
estudios medioambientais e de impacto que fan son tercermundistas e non
teñen en conta nada, arrasan co que hai de mala maneira). Son un auténtico
atentado a natureza, inda por riba a Xunta (polo menos nos 16 anos de
goberno do P.P.) fainas legais a base de admitir
documentación de impactos ambientais impresentables e carentes de
documentación científica. En ningún caso nestes impactos vin un estudio
serio dos invertebrados do río, por poñer un exemplo. As alegacións non lle fan nin caso...
Non se explica... salvo que medien millóns polo medio, que é o que pasa.
Todas as minicentrais que se pretenden
facer en Galicia suporán por baixo do 5% da nosa producción autóctona,
calquera ( e digo calquera) que lea estas liñas pensará que estropear 300
ríos para conseguir esa porcentaxe é pensar cos pés. Eu diría é pensar
có bolsillo a conta da auga que é de todos os galegos.
O meu consello é que escollas unha soia e que
lle fagas unha visita, verás que ningunha, pero ningunha cumple a LEI DE
PESCA FLUVIAL e que son unha auténtica vergoña. Por certo si visitas
algunha, ten cuidado, xa morreron persoas en Galicia, xa que están a abrir
e pechar continuamente, e peligroso por debaixo das turbinas, xa que pode
subir moito o caudal do río.
Algunhos exemplos
de minicentrais feitas en Galicia:

Unha desfeita do río
Minicentral de Ponte-Linares no río
Limia.
Esta minicentral ten un impacto no río Limia
incríble. A escada de peixes non é operativa e supón un corte radical nun
río histórico.
O caudal ecolóxico que deixa ( inda que sexa
legal) soio permite vivir as ras, e para eso mal...
--O--

Unha desfeita do río.
Minicentral do río Deva en Ourense.
Esta minicentral supón para o río Deva en
Quintela de Leirado (Ourense) un corte radical no río. Incumple
tódalas normas existentes e soio produce por debaixo dela, morte no
río.
Centos das especies tratadas neste traballo non aparecen por debaixo
desta minicentral. Non ten escadas e o caudal ecolóxico que deixa é
unha vergoña.
--O--

Unha desfeita do río
Minicentral do río Cerves en Ourense.
Esta minicentral supón para o río Cerves en
Melón ( Ourense) un corte radical no río.
Cando se fixo matou con cemento toda vida río
abaixo. Non houbo multas. Hoxe en xaneiro do 2.001 inda non traballa
a tope. Por certo fixérona doble do que estaba previsto.
Non debeu facerse nunca. O lugar, as Pozas de
Melón, Penavaqueira, etc. podía perfectamente ser declarado parque
natural. Do mellor da provincia.
--O--

Unha desfeita do río
Minicentral do río Barbantiño.
Esta minicentral fixérana mal. O día que a probaron mataron tódalas troitas do
río en moitos kilómetros, curiosamente estaba eu no lugar e puden
sacar algunha
fotografía. Logo limpiaron os fondos outro día e
volveron a matar centos de troitas.
Non hai quen poida cos donos, deben ser os amos
dos ríos galegos.
Logo rectificaron e fixeron
escadas, pero a minicentral desfixo
o río Barbantiño e o bosque de
ribeira, dos mellores da provincia,
hoxe está defenestrado. Un
desastre...
--O--

Unha desfeita do río
Minicentral do río Tuño. Hai tres,
esta é a primeira.
Esta minicentral supón para o río Tuño a sua
morte auténtica.
O día que a visitei o caudal ecolóxico era
mortuorio.
Por debaixo da minicentral según os veciños
que coñecían o río, este non volveu a ser río.
--O--

Unha desfeita do río
Minicentral do río Edo. Castro
Caldelas.
Esta minicentral non respeta absolutamente
nada. O normal é que manteña o río seco.
Un auténtico desastre.
Non
ten escadas nin nada que se lle pareza.
--O--

Unha desfeita do río
Minicentral do río Arnoia. A Peneda.
Esta minicentral era das poucas que podría
salvarse, si por debaixo non fixeran outra minicentral aberrante.
Hoxe tamén por encima fixeron outra.
De tódolos xeitos non tiña caudal ecolóxico nin ten
escadas.
Últimamente puseron una especie de caudal
ecológico tercermundista.
Fan o que lles da a gana. Son os amos. Seica se
vai ampliar.
--O--

Minicentral do río Arnoia. A Peneda
nova.
Esta minicentral está feita
recentemente. Prácticamente un km. río arriba da anterior. En
pouco máis de cinco kms. xa hai tres minicentrtales, eu diría
macrocentrais para este río.
Chupa literalmente o río Arnoia nese lugar.
Abriu pistas en lugares de
sobreiras, acereiros e outras árbores incribles.
Non ten sentido ningún nun canón do río Arnoia
que é do mellor que temos en Galicia.
As minicentrais
desfixeron o río Arnoia dende
Outomuro para abaixo; un dos
mellores ríos de Galicia, hoxe unha
mágoa auténtica...
Esta minicentral
supera os 10 MW.
--O--

Unha desfeita do río
Minicentral do río Cernado en Ourense.
Esta minicentral supón para o río Cernado a
desaparición do mapa. A partir de esta minicentral o río non
existe.
Por certo é de Iberdrola que presume de
ecoloxista.
Enfrente hai un túnel que chupa o río.
¡¡ Camiñante mexa aquí!. decía Celso
Emilio Ferreiro.
Esta era das peores na
provincia.
--O--

Unha desfeita do río
Minicentral do río Cadós.
Esta minicentral supón para o río Cadós a
morte como río e como couto de pesca.
Está en construcción en xaneiro do 2001 pero
queima absolutamente o río.
Non se entende como se pode facer esto, salvo
que unten o bolsillo.
Está feito no medio do
couto de pesca de troitas do río Cadós. Por certo un río moi
pequeno.
--O--

A única que se salvaba un pouco.
Minicentral do Rexo,
no río Arnoia en Allariz.
É das poucas que
está feita con un pouco de cabeza e mirando para o río.
Ten algúns defectos como que o canal non esté
cuberto, xa que é peligroso, pero en xeral, non estropea moito o
río, xa que colle a auga lateralmente nunha presa.
Sirviu de exemplo a outras que se fixeron no
río Arnoia, ademais feita por un partido onde as bases loitaban
en contra delas. Cousas...
Hoxe está pechada
precisamente por o tema do canal,
que era un arma de matar...
--O--

Unha desfeita do río
Minicentral de Rubillóns,
no río Arnoia na Merca.
Por debaixo de Allariz. De
feito o azud está en terreos do Concello de Allariz. O resto
está na Merca.
Supón un corte radical do
río nunha zona marabillosa e que estaba considerada área natural
do Arnoia. Foi inaugurada recentemente. A súa construcción foi
moi polémica xa que botaron ó canle do río de todo, pedras, etc.
--O--

Unha desfeita do río
Minicentral de Requeixo en
Manzaneda.
Supón un corte total do río.
Está feita cos pés.
Por debaixo da minicentral a morte.
--O--
Si queres saber máis sobre este tema visita esta
dirección,
onde podes
facer incluso visitas virtuais a esta minicentral e outras, para
comprobar e ver que me quedo moi corto nas miñas apreciacións.
Si queres saber a
opinión
dos nosos científicos da Universidade de Santiago, por suposto
totalmente en contra, visita este link.
Si queres saber a opinión dun especialista ,
Enxeneiro da Consellería de medio Ambiente en Ourense, lee o artículo
"Alguns
aspectos da política ambiental galega", é
toda unha crítica sobre o que representa unha minicentral, pero contada
dende dentro, da Consellería de M. Ambiente, por un especialista.
Podedes ampliar o tema
das
minicentrais neste pdf do IDAE. No 2010 tiñamos 317 MW
Galicia, os galegos que entendemos algo de
ríos ou que estamos a cotío a carón deles, non queremos minicentrais, nonas precisamos.
Galicia non quere que desfagan os nosos ríos, dez
empresas, que o único que queren é encher o bolsillo, con un ben que é de
todos. Inda por riba están subvencionadas. Incrible.
Visita unha minicentral calquera, analiza como está
feita, mira por debaixo da minicentral como está a vida dos seres vivos,
mira as estradas que abriron, algunhas arrasando castros celtas, camiños
veciñais, etc. , pregunta
os paisanos como era antes o río, e verás que as minicentrais en Galicia
son un auténtico roubo os galegos, do mellor que temos, os nosos ríos.
A cambio que temos, a luz máis
barata?. Teñen mellor luz nos pobos?. Non por suposto. Pero eso si,
algunhos ata tuveron pulpada (chamo pulpada a comer o polbo) por deixar facer a minicentral...país...
E siguen...
Nota importante:
gracias a moita xente que levamos loitado dende 1995 en
contra destes edefesios, o Parlamento Galego,
boletín do 19 de agosto do ano 2006 aprobou unha lei que pon
moi dificil a esta xente facer minicentrais nos ríos galegos. Esperemos
os resultados. De momento están a facerse as minicentrais que o goberno
Fraga deixou aprobadas no seu último mandato. Por certo no último mes
aprobáronse máis que nos últimos dous anos do seu mandato. Realmente hai
cousas difíciles de entender.
No 2012 hai moitos expedientes
pendentes pero non sei si se farán. A lei aprobada penso que non sirviu
de moito, pero eso é unha opinión discutible...
Saír a Dicionario.
Saír a Minicentrais.
FOTOGRAFÍA
DO 11-11-1998. RÍO BARBANTIÑO.

Curiosamente ese día (día festivo, día de San
Martín patrono de Ourense, día dos magostos) xunto con dez amigos
fixen unha visita á Fervenza do Barbantiño e atopeime este panorama.
Pecharan a minicentral e deixaron o río deste xeito moribundo.
Pronto o resolveron pero o asesinato do río estaba feito.
Estos desmáns son típicos e a pura casualidade permite
detectalos. De todas formas as denuncias non surten efectos xa que
o denunciar neste país é engorroso e carísimo. Probas como esta
en situ deberan ser definitivas simplemente chamando á Policia
Autónoma. Pero non é así. Lamentable.
Por certo, inda por riba, de vez en cuando recibía
ameazas dalgunha xente. Incrible. |
