Unha
vaira, é seún o dicionario
xerais da lingua ´´e un encoro e tamén un remanso do río. En definitiva é
por por onde discurre a auga moi lentamente, se detén
ou mesmo recúa. É sinónimo de remanso, relanzo, presa,
represa, etc.
A definición anterior é a que trae o
dicionario da Real Academia Galega que eu non vou a discutir. Simplemente decir que para mín
encoro non é sinónimo de vaira. Logo tamén hai vairas que non son presas,
simplemente as forma o río según o leito.

Na fotografía unha vaira no río
Arnoia en Allariz. Ollo que esta vaira é a da parte de arriba,
trátase neste caso dunha presa que vai dar auga o muíño que se
pode observar a esquerda da fotografía.
|
|

Esta vaira é a misma da fotografía
anterior vista dende o muiño.
Repito que a vaira é a da parte de arriba, non
confundir co cachón.
|
|

Vaira no río Arenteiro no
Carballiño. Nas vairas a auga está prácticamente parada.
A vaira tamén se identifica coa construcción
feita nun curso de auga para dete-lo paso desta e aproveitalo para
distintos fins.
|
|
"

Baixa a modo o Lor en terra do Courel,
saltando as presas pra soñar no relanzo"
Eduardo Moreiras.
Un gran poeta. O poeta que cantou como ninguén o río Lor.
"Dende o Cebreiro, o Lor baixa
namorando os ceos da
montaña"
Eduardo Moreiras. |
Saír.