Os
Olleiros son lugares dos
ríos onde a auga nace a borbotóns, como si saíra do fondo do río ou
fervera a auga nese lugar. Tamén se dí que a auga sae
abroiando.
Abrollar é cando empeza a saír
a auga dun manantial.
No dicionario "auga que sae
da terra ou de entre penas", entre outras.

Fotografía do Libro "Os ríos". A Nosa terra.
Olleiros na Lagoa de
Fonmiñá.
A auga sae a borbotóns como
si fora o nacemento do río, pero non ten por que ser o nacemento.
A auga pode nacer noutros
lugares do río. Neste caso a zona recibe o nome de "Olleiros do
río". Fálase tamén de "os ollos do Miño"
Na fotografía a auga sae abroiando na
Lagoa de Fonmiñá.
Nota: dice Gonzalo Sancho
Blanco que esta palabra a escoitou en Tomeza,
preto de Pontevedra.
Gracias Gonzalo.

Conta Gonzalo Sancho Blanco,
que foi o que me fixo chegar esta palabra tan bonita, o
seguinte:
"Cando eu era pescador aproveitaba o tempo de
veda para ollar todo canto libro sobre troitas e pesca chegaba
as miñas máns. O de Miguel Delibes "Mis amigas las
truchas", inda me gusta agora, pois ten a capacidade
de transmitir as súas xornadas de pesca como propias. Dentro da
súa riqueza lingúistica sobre ríos topei unha palabra nova para
mín: "Ojuelos", brote de auga a borbotons, como o
nacemento de un rio. Anos máis tarde unha tía da milla muller
decíame: "Este regato ó teño andado de nena desde aquí ata
os olleiros"

Nesta fotografía de Pedro Retamar, sacada
do libro "Las edades del Agua" de Joaquín Araujo a auga
abroia en todo o olleiro.
Trátase polo tanto dos olleiros dun río ou
regato.
Algunhas fotografías da auga abroiando na Lagoa
de Fonmiñá, fotografías
sacadas na miña visita do día 18/10/2013:

Lagoa de Fonmiñá, onde se decía que nacía o río Miño. Hoxe sabemos
que nace no Pedregal de Irimia a poucos kms. desta Lagoa pero no
Concello de Meira, non no Concello da Pastoriza.