Nacemento
|
 |
Neste caso referente os ríos, o
nacemento é o lugar onde ten o seu principio o
río. Onde brolla auga de forma natural, e que ademais esta auga corra e
forme rego ou regato e logo río.
O lugar onde nace o río
chámase nacente.
As veces os ríos nacen en
neveros ou
xeleiras, como por exemplo o río
Xares, na Veiga (Ourense):

Fotografía do río Xares, no seu tramo medio. Foto
Secundino Lorenzo.
Do río Xares escribe o gran poeta galego Víctor Campio un
epílogo no libro
"En las orillas del Xares" de Esteban
Enríquez Fernández:
" ¡El Xares! Río
truchero, de perfil quebrado, que bajaba de los
neveros de A Ponte, muy
cerca de Peña Trevinca, a trote y con prisa, entre roquedales,
sobre arena fina y cantos rodados, para perderse en las entrañas
del Bibei, del Sil, del Miño, del mar...
Y un poeta para cantarlo."

Víctor Campio Pereira.
Si falamos da palabra
nacemento e temos que poñer un exemplo, nada mellor que poñer o
nacemento do río pai de todos en Galicia, que é o río Miño.

O nacemento do río Miño.
O río Miño nace
precisamente neste pedregal que se chama Pedregal de Irimia.
Este é o manancial que logo
da orixen ou é fonte nada menos que do río galego mais
grande.
Fálase de que o nacemento do miño estaba
en Fonmiñá, pero fai tempo que se sabe que o río Miño nace nesta
morrena glaciar que se ve na fotografía xa que cando se
incorpora a auga que nace en Fonmiñá, máis abaixo a 10 km., este
regato xa leva máis auga.

Outra fotografía do Pedregal de Irimia, neste caso de J.M. Galaico.
Dice a xente que visita este lugar, eu non o descarto,
que camiñando entre as pedras que se ven óese a auga por baixo pero non
se ve. Logo máis abaixo xa é un rego.
O nacente do río Miño está na Serra de Meira, moi
preto, a 4 km., do pobo do mismo nome.

Decir que un pedregal
é o que se ve na fotografía, un conxunto de pedras. Ou sexa un lugar
cheo de pedras. Tamén se chama pedral,
pedregoso, pedregueira
e pedreira.

Outra fotografía, de Tere Grandín, neste caso visto o Pedregal dende
arriba.
Dice Tere Grandín nun suplemento de La Opinión:
"El
Pedregal es en realidad un río de piedras, organizadas de forma
curiosa similar a un embudo. Su extensión es de unos 700 metros
y al final de este cono pétreo se aprecia un pequeño regato del
que se oye su fluir cantarín si uno se sube a sus piedras y
escucha con atención el murmullo del agua, que no se ve correr
debido a las rocas. Dice la leyenda que fue la meiga de nombre
Irimia la que taponó las aguas al negarse a pagar los tributos
que le pedían los monjes"
Por cierto xa fun o Pedregal de
Irimia e xa saquei moitas fotografías dese pedregal, a verdade mereceu a
pena. Anduven pola pedras e en todas elas escóitase o río Miño nacendo.
Marabilloso.
No pedregal nótase que en
todo momento o río Miño
agroma,
no sentido de que se manifesta moi debilmente e abaixo maniféstase ó que
en principio está oculto, ou sexa non se ve.
Deixo un
link coas miñas vivencias desa visita, e tamén un video.
Tamén esta fotografía:

Realmente ese día setembro de 2013 o
río Miño non chegaba no Pedregal ni a ser un regatiño, ver na
fotografía a pouca auga que leva.
No video vese unha
pouca mais.

Nesta fotografía sacada do meu video vese un pouco mais de
auga.
Saír.