Unha
ferrería é un
obradoiro onde se quenta o ferro para poder traballalo posteriormente.
A ferrería ten outros sinónimos como
fragua, forxa, ferraría, obradoiro onde traballa o
ferreiro, etc.
Nesta pequena ficha, quero facer mención
das grandes ferrerías que se situaban o pe dos ríos, sobre todo en
Galicia, Asturias e Cantabria.
Estas ferrerías constaban básicamente dos
seguintes elementos: complexo hidráulico para levar a agua (ben en madeira
ou con chapacuñas). Grandes fuelles. Forno e gran mazo. Teóricamente as ferrerías estaban situadas preto de
lugares onde había carbón e lóxicamente ferro.
Algunhas das ferrerías inda se
conservan en Galicia, así a de Penacoba, preto de Rubián (Lugo), que se
pode visitar perfectamente. Seica tamén puxeron a andar a ferrería de
Seoane, no Caurel, un día destos fareille unha visita...
Outras ferrerías están desfeitas como a do
río Navea no camiño de Santa Cruz a Edreira en Chandrexa de Queixa.
As seguintes fotografías corresponden a
Ferrería de Penacoba, da que hai datos dende 1870, esta ferrería é moi
curiosa xa que algunha dependencia está escavada na rocha:

Básicamente a ferrería constaba
dunhos canles de auga, normalmente presas e logo conductos de pedra
(chapacuñas)
ou neste caso de madeira. Esta auga, que neste caso está bastante
lonxe (200 metros), recóllese nunha presa, e lévase ata a ferrería.
O impulso da auga caendo, que se ve na fotografía,
move grandes rodas, como se ve na fotografía seguinte.
|
|

Roda que vai mover un gran fuelle
que se ve nas seguintes fotografías.
A auga cae dende unha gran altura, dous ou tres metros, e move a
roda que é vertical, como a das aceas (muíños) do río Miño.
|
|

Mediante uns andamiaxes moi curiosos
fan funcionar o fuelle ou fol, que seguidamente vai mateñer o lume a
tope para fundir o ferro. A darlle aire mellora moitísimo a
combustión
De feito,
non aparece na fotografía, pero o bico do fol remata dando aire a
un forno, onde se quenta o ferro.
|
|

Este é o fol que dará aire a fornalleira que é onde se prende o lume para poñe-lo ferro ó roxo.
O fol aviva o lume e pon ó roxo o ferro.
|
|

O ferreiro vai
conseguir seguidamente facer distintos obxectos para o que vai facer
uso doutro sistema, tamén movido neste caso por outra roda parecida
a anterior. Esa roda o moverse levanta un mazo e deixa caer e así
sucesivamente.
Básicamente o mazo consiste nunha roda
semellante ás dos batáns, tamén vertical, que ten un eixo; noutro
cabo están catro tacos de madeira, os malugreiros, nos que tropeza o
mango dun martelo que deste xeito sube e baixa e golpea o ferro.
De aquí saía o ferro en lingotes.
Moitas veces anexo a ferrería había outro
lugar onde estos lingoters se convertían en ferramenta.
|
Evidentemente a partir do proceso
anterior trabállase o ferro e despois fanse as distintas ferramentas:
sachos, fouces, coitelos, etc. Tamén pezas como petadores, reixas, pechos, etc.
As ferrerías fai tempo que quedaron sin uso. Hoxe hai
industrias que traballan o ferro doutra forma.
Son famosas inda hoxe as navallas e coitelos de
Taramundi en Asturias, onde hai unha ferrería, que merece a pena visitar.
-------------------------------------------------
Ver o seu funcionamente neste fantástico
video:
Pulsar
este link
Neste corto video de Youtube vese
básicamente o funcionamente da ferrería co caer da auga, os
fols avivando o lume, a saída dos lingotes e a
súa preparación co mazo.
Trátase da Ferrería de Cadés en Cantabria e
o video foi realizado por Juanma Sánchez, o que dende
esta web lle dou as gracias.
----------------------------------------------
Outro
video
Este video é dunha ferrería de Taramundi en Asturias.
Moi interesante... Esta Ferrería que é a de Teixois, en Taramundi, é
espectacular xa que a maiores ten, muíño, xenerador eléctrico, afiador e
batán todo movido hidráulicamente.
Neste video vese perfectamente o sistema da
Ferrería.
Pobo de Teixois. Taramundi. Fot. Secundino Lorenzo
Pobo de Teixois. Taramundi. Fot. Secundino Lorenzo
Aquí a guía que explica o sistema, por
certo marabillosa, fai unha demostración real pasando o fero
candente o martelo e sacando o final de forma maxistral unha
especie de fouciño. ¡Enhoraboa!
Fot. Secundino Lorenzo
---------------------------------------------------------------------------------
Algunhas cantigas dos ferreiros:
------------------------------------------------------
A muller do ferreiro
ten unha saia,
que lla figo o ferreiro
cunha navalla.
-----------------------------------------------------
Non te cases cun ferreiro
que te queiman as muxicas.
--------------------------------------------------------
Non me case, miña nai
con ferreiriño das forxas;
que me queiman as charamuscas
miña cariña de rosas.
---------------------------------------------------------
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Saír.