Un encoro ou un
pantano é un corte radical do río, por
medio dun muro feito de cemento e hormigón. Xeralmente, o encoro faixe para
producción eléctrica ou regadío (os menos). A maioría dos encoros feitos en
Galicia supoñen un
desastre para os ríos, xa que están feito sin mirar para nada a natureza e
simplemente para gañar cartos.
A auga nos encoros dícese que está
encorada.
Chámase
cola a parte final da auga encorada. A partir
da cola o río volve a ser río...
Os encoros galegos non cumplen a
lei, nin hoxe nin nos anos cincuenta cando empezaron a funcionar algúns:
xa que tiñan que permitir, por lei, subir as especies migratorias
(salmóns, anguías, troitas, reos sables, etc.), esto en primeiro lugar e
ademáis en segundo lugar gardar o caudal ecolóxico. Que eu sepa ningún cumple a
primeira regla, estou falando de grandes presas e a segunda hai algúns
que tampouco, como por exemplo o encoro do Eume de Endesa. Tampouco os
encoros do río Miño que son todos de Fenosa, hoxe Naturgy. Ningún cumple as
leis.
Ó final tendes uns dibuxos
sensacionais de algunhas partes dun encoro, feitos pola COAG colexio
oficial de Arquitectos de Galicia, coas palabras galegas (tamén o
castelán) de cada parte.
Algunhos encoros galegos:

Encoro dos Peares no río Miño.
Incumple tódalas normativas para conservar o
río. Non ten escalas para subir os peixes, supón un corte radical no
río Miño.
Ata onde se xunta co río Sil (1500 m.) teño visto ao río completamente
seco. Solta ademais
moita grasilla, todos os encoros soltan, que se ten acumulado nos coios río abaixo.
Este encoro é o primeiro que se fixo no río
Miño (1947-1953). Anos cincuenta do século pasado. Hai
fotografías da súa construción
neste
link da miña páxina.
182 hm3. É grande, moi grande...
Hoxe está ampliado.
|
|

Encoro de Belesar no río Miño,
Sin dúbida o maior encoro do
río Miño e de toda Galicia.
Este encoro é un corte radical do río Miño;
por suposto non cumple ninguna normativa ecolóxica, inda que en
1965, cando se fixo, xa existían as leis que falaban de manter
as especies migratorias. Foi
inaugurado por Franco, polo tanto todo está dito... Franco era
pescador, o igual que Fraga, pero para os dous o progreso estaba
por riba da natureza e parece que da lei. Franco non sei, pero
Fraga nunca falou nada das escadas, que eu sepa...
Estaba previsto que foxe máis pequeno pero o
final encora 654 Hm3 unha barbaridade...Quedou anegado o pobo marabilloso de Portomarín e outros 25 pobos que foron a
emigración...
Ver para ampliar este link.
|
|

Encoro de Frieira no río Miño.
Este encoro non deixa subir nin as anguías, nin os salmóns, nin as
lampreas, nin troitas, nin os sábalos e un longo etc.
É unha auténtica desfeita para o río Miño.
Ollo, desfeita que é posible arranxar, o encoro podía cumplir
tódalas normas mínimas para poder subir os peixes migradores, é
cuestión de cartos...
O ascensor que fixeron é o timo da estampita...que por certo,
e non entendo por qué, pagamos todos, o diñeiro veu de Europa...
44 Hm3. o encoro que máis afecta a fauna do
río Miño. Nunca, nunca se debeu facer...
Ver este link para ampliar.
Este encoro, xunto co de Ourense capital e
Castrelo na miña opinión nunca se deberan facer. Estropearon ao
río Miño de verdade e son pequenos en produción. Fundiron ao río
Miño totalmente...
|
Realmente ó dos encoros en Galicia é
unha auténtica vergoña, en xeral. Trátase dunha explotación pura e dura
sin mirar para nada o medio ambiente. ¿ Como se fai noutros paises ? .

Fan escalas para subir os peixes,
gastando miles de millóns, como a escala do dibuxo da esquerda.
En Galicia tódolos encoros
foron feitos mirando únicamente o bolsillo, pura e dura
explotación dos nosos recursos, recibindo Galicia pouco á cambio.
A historia destes roubos a
man armada inda está por escribir.
Hoxe fálase de canón,
incluso se fan películas pero son tantos os intereses e debe
moverse tantos cartos que todo se queda en palabras e cada día as
compañías eléctricas teñen máis poder...
En Galicia estas compañias
como Naturgy, Endesa e Iberdrola que teñen máis do 95% da
produción hifroeléctrica dos nosos ríos non deixan nin o 7% dos
beneficios na nosa terra, utilizando os nosos ríos que son do
estado e polo tanto de todos nosoutros.
Ver de
onde saco estos datos.
|
|

Ou simplemente construccións de
encoros deste estilo, onde os peixes suben perfectamente de forma
natural.
As turbinas tamén son especiais para que o
indice de mortandade sexa mínimo.
En Galicia ¿ Como están feitos os encoros
?: cós pés. Os nosos gobernantes deixaron facer e nunca
miraron para que se fixern ben as cousas, a pesar de que estaba
na lei...
|
|

Onde remata a auga encorada
chámase cola
do Encoro. Na fotografía vese a cola do encoro de Prada en A
Veiga. O rematar o río volve a ter as correntes normais e a ter
unha vida completamente distinta á das augas do encoro.
O pobo que se ve o fondo á dereita é a Veiga, o pobo que se ve a dereita abaixo é Baños.
Os dous son da provincia de
Ourense.
|
Palabras galegas relacionadas cos
encoros:
(Os dibuxos e
traballos que aparecen a continuación están sacados do
Dicionario visual
da construción do Colexio Oficial
de Arquitectos de Galicia,
COAG,
a quen lles dou a enhoraboa pola marabilla de traballo
que fixeron. Tratase dun pdf que tendes neste lin,
repito marabilloso...

Aquí tendes un encoro dende a presa que recolle a auga
ata sala de turbinas.

Aquí a central hidroeléctrica que transforma a forza da
auga en kilowatios.
Este é un encoro típico, moi parecido o
encoro dos Peares feito en 1953 no río Miño. Observar que a
central eléctrica está a pé de presa. cousas que as veces non
ocurre.
De aquí son palabras interesantes e que
incorporo o dicionario: aliviadoiro (Punto
3, do dibuxo, que é onde están as comportas do encoro) e comporta que no dibuxo marca 5 e que son
grandes estructuras xeralmente de ferro que teñen un sistema que
permite abrir e cerrar como si foran unha porta e así deixar
sair a auga ou non).

Esta é a presa do encoro ou pantano.

Estas son os distintos tipos de presas atendento a
construción do dique ou muro.

Outras formas...
Aquí vese os elementos interiores do
encoro coas comportas e as turbinas, etc. Aquí incorporo a
palabra turbina no dibuxo co nº 16, un
rotor movido por a auga e que é realmente o creador da
electricidade, xa que transforma a forza motriz rotativa en
enerxía.

Neste dibuxo tomado de internet vese unha
turbina, que é alimentada por auga en caida que vai mover un
rotor que vai xenerar electricidade. Hai moitos tipos de turbina
son famosas as Pelton e as Francis.

Turbina tipo Pelton a esquerda e tipo Francis
a dereita. Esta é a que ten o encoro de Velle en Ourense, por
poñer un exemplo.

Nesta outra ficha trata dos elementos
aliviadoiros do encoro, realmente os que teñen actualmente como
nº 16, e nº 17 por onde sacan o caudal ecolóxico.
Observar o que chama "escala de peixes",
que me gustaría que estuvese encuadrado nos outros dibuxos para
ver que posibilidades dan as mismas. A verdade que non hai
moitos antecedentes, salvo as que están feitas para as
minicentrais, que son para peixes voadores, é unha coña...
Ver algunhas
escadas de peixes en Ourense.
No dicionario citado aparecen máis
dibuxos relacionados cós encoros como a tipoloxía da presa, as
comportas, etc.
-----------------------------------------------------------
Non confunda o lector un encoro ou presa
do tipo anterior coas minicentrais que se están a poñer en moitos ríos de
Galicia, estas deberan ser máis pequenas e dende
logo non pasar dunha produción eléctrica de 10 MW.:

Aquí tendes un pequeno esquena dunha
minicentral. O azud está en 1 e debera ser pequeno para o río
pero na práctica están a facer co nome de minicentrais
auténticas presas.
Ver este link.
Saír.
|