As augas dos ríos, sobre todo as fervenzas
e os remuiños fan moito balbordo.
O sonido que se escoita é o
balbordo das
augas dun río.
O balbordo é un ruido continuo, que entre
outras cousas produce un río no seu camiñar.
Tamén se chama
bruazo ou
brúo.

É típico nos ríos o balbordo das fervenzas e dos
remuiños.
Na fotografía, sacada na Ferreiría en Chandrexa de
Queixa, o balbordo do río era bastante grande.
Neste lugar xúntanse dous ríos entre eles o río Queixa.
|
|

Dende o muíño de Allariz escoitase o balbordar da auga deste
cachón.
Non confundir o balbordar dun río, que é o
que se escoita de fondo, co gran estrondo que produce unha
fervenza que é o amecar do río.
|
|

Cóntase que en Lugo, en Portomarín... o río Miño vai caladiño
desde un día en que a Virxe pasou pola súa beira co seu fillo no
colo. Quixo anainalo e adormecelo, pero o río veña a bruar e choutar.
O neno non prendía no sono con tanto balbordo
das fervenzas e dos remuiños da auga. Entón a Virxe encarouse co río
e dixolle: "Río Miño, vai caladiño, non me despertes o meu meniño". E
dende entón, as augas do río Miño corren sen
balbordar.
|
O texto anterior está sacado do sensacional libro
"Cando os animais falaban" de Xosé Miranda e Antonio Reigosa.
O dibuxo é de Andrés Meixide.
Editorial Xerais. 2002
Saír.