O
mamarello
é a beira do río é o que está
inmediatamente xunto o río sen ser río. O mamarello é o lugar que
está inmediatamente a carón do río e que se debe deixar para paso de
veciños, pescadores ou non.
Tamén teño visto a palabra
resío para indicar unha faixa de
terreo sen cultivar arredor da casa, preto do río, etc. Tamén como parte
sin cultivar que rodea unha leira.
Hoxe en Galicia, algúns pensan que os
ríos son seus e poñen arame de espiño nos seus prados e fincas ata a beira
do río, e o mismo fan os donos dás minicentrais. Que saiban que é
ilegal que hai que deixar un espacio, que precisamente é o mamarello. Xa
non digamos do que pon o pastor (cable eléctrico para guía do gando)
conectado ata a misma beira, xa vín varios...como para quedar
electrocutado...

Río Xares en Ourense.
Nesta fotografía tendes marcado o teórico
mamarello a carón do río. Trátase dun espacio de metro e medio
que os propietarios deben deixar para paso de pescadores ou
xente en xeral.
Esto non quere decir que o prado non
chegue a beira do río. O que quere decir é que non se deben de
pór obstáculos para o paso dentro desa franxa de terreo.
|
|

Río Xares en Ourense.
A beira esquerda do río está formada por
herbas verdes, xuncos, etc.
O mamarello está a beira do río.
Na marxen dereita vese un lugar entre o muro e
o río, ese é o mamarello.
|
|

Río Navea en Ourense, as beiras son
prados e tamén o típico bosque de ribeira formado, neste caso por
bidueiros e salgueiros.
Neste lugar respetase o mamarello.
|

Nesta fotografía vese perfectamente
o lugar deixado a carón do río na marxe dereita, ese é o
mamarello que é obligatorio.

Nesta fotografía vese como o cerre do
prado vai ata o río pero deixa un paso aberto, si este paso está
pechado eso é ilegal. O dono do prado sabe que metro e medio a
carón do río non son da súa propiedade. É o mamarello
obligatorio.

Nesta fotografía está marcado o mamarello teórico. Inda
que penso que había que deixar máis metros, ata 5 m. pode ser. Moitos non
deixan nada e inda por riba poñían alambradas. Falo por exemplo do río Mao
preto de Montederramo que había alamabradas por todos os lados.

Recentemente o diario A Voz de Galicia publica este
artículo con título "Galicia cambia su relación con los
ríos", en el artículo que agora resumo pon este dibuxo onde
claramente se ve o mamarello de 5 m. na beira do río, en fin sin
comentarios...
O artigo ven a dar carta blanca na zona de policia
de 100 metros para facer cousas sempre que se comunique. Esto que
quere decir pois que se poden por exemplo cortar árbores arranxar a zona
etc. O lector que pense un pouco e chegara as misma conclusións seguramente
que o que escribe. Medio ambiente en Galicia está desbordado cós ríos e pide
axuda, simplemente. Efectivamente os ríos, as suas beiras nunca estuveron
peor son selvas auténticas e inda por riba ata de agora non se podía nin
tocar unha rama...
Saír.
|