Hai moitas formas de pescar
troitas en Galicia, algunhas son ilegais pero non por iso teñen que
desaparecer as palabras coas que eran designadas polos paisanos.
As
formas ilegais de pesca son entre outras: a seca, o toco, con rede, con
veleno (trobisco, lexía, carburo, coca, etc.), con dinamita, a ninfa,
o facho, con dormintes (armando ou poñendo as cordas...), últimamente con cebos vivos como o
peixe, etc.
A "pesca con rede" ten moitísimas modalidades
dependendo do peixe a coller e do tamaño do río. A rede máis común en
pequenos ríos sempre foi a barredoira ou barredeira e que inda se sigue
a utilizar a pesares de ser ilegal. En grandes ríos como o Miño a rede
máis utilizada foi o alcharife (alxarife) e a cabaceira.
Estas eran algunhas das redes
máis usadas en tempos...
Os textos e dibuxos están
sacados de dous libros básicos como son "O mar e os ríos" de Xaquín
Lorenzo e "Pescadores del río Miño" de Eliseo Alonso.

Tirando a Cabaceira. Non coñezo o autor da fotografía.

No dibuxo vese unha rede
lampreeira típica. Trátase
dunha rede rectangular que normalmente se colocaba atravesando o
río, podía ter cento cincuenta metros de longo por tres de alto.
Normalmente esta rede era utilizada en lugares de pouca corrente.
A malla era de 35 mm. Ten cortizos por riba e pandulleiuras por
baixo.
Nos extremos púñanse
cabazas.
Esta rede foi usada para
coller lampreas na última parte do río Miño.
|
|

No dibuxo vese unha rede
barredoira típica. Trátase
dunha rede rectangular que normalmente se colocaba atravesando o
río, podía ter maís de dez metros de longo por dous e medio de
alto, o normal un metro. A
rede levaba na parte de arriba uns cortizos que flotan e na
parte de abaixo chumbos.
Sin dúbida era a típica
rede que se usaba en tempos para pescar peixes e troitas en
moitos ríos de Galicia. Hoxe está prohibida.
Teño visto levala
atravesado o río por dúas persoas e logo outro mallando o río
polo medio.
Tamén se chama
varredeira,
Rede de Gatos (en Toén),
Rede de arrastre (en
Francelos), e rede varredeira
(no Ulla).
O
redifol é unha rede deste estilo pero
moito máis pequena, que se utilizaba por Verín en Ourense.
|
|

Chumbeira
do río Miño que é a rede que se ve no dibuxo, básicamente é un
cono que remata nunha corda larga que se utiliza para recoller a
rede.
A Chumbeira leva en todo
o contorno chumbos que o lanzala abrense en circulo pero logo no
río e dependendo de como se tire e recolla van cerrandose e
pescando o que quedara debaixo da rede o lanzala.
A chumbeira tamén se
chama Rede de Moca
(en Lugo), e tarrafa.
|
|

Cabaceira
era chamada polos romanos a "pesca da bolboreta" ou da mariposa, é
según o libro de Eliseo Alonso era a rede que tiña o lance máis bonito. A cabaceira bótábase dende as pesqueiras voando
sobre as frieiras, logo planeaba e baixaba e desaparecía na auga.
Despois recollíase.
Seica en 1920 había
censadas 431 cabeceiras, ou sexa era unha rede importante.
O sistema é moi parecido
a chumbeira.
|
|

Miudeira
utilizábase pola zona de Entrimo para a pesca no río polo método
da "pesca con facho" ou con luz.
Trátase dunha rede
cónica que leva o mango que se ve no dibuxo, tiña
aproximadamente un metro de diámetro.
O seu uso estaba
limitado as cheas ou ben cando os peixes andaban a raña, mellor
con augas lodadas, xa que había que metelo por baixo e logo
sacalo, tipo sacadera. Pouco efectivo con augas claras...
|
|

Viturón
era a rede que se colocaba nas pesqueiras e nos pescos. Púñase
entre os dous poios ou muros da pesqueira e o subir a pesca
quedaban amarrados na rede.
Ver a palabra
pesqueira.
Tamén se chamaba vutrón,
voteirón e nasoura e outros nomes.
Inda se utiliza hoxe
entre Arbo e Salvaterra.
|
|

A pesca con
Alcharife ou Alxarife, era considerado
polos pescadores do río Miño como a rede máis noble. O Alxarife
ó parecer xa era usada polos romanos no río Douro.
A fotografía está sacada
do libro "Pescadores del río Miño" de Eliseo Alonso, que é tamén
o autor da foto. Esta rede era usada para a pesca do sábalo e do
salmón inda que podía caer tamén escalos e troitas.
A rede tiña unha
lonxitude entre 120 a 160 metros e era extendida polo ríos por
medio de barcas e bastante xente na beira, xa que formaban unha
especie de copo e o arrastre era manual. Eliseo Alonso dedica
varias páxinas do seu libro a esta arte que era incrible.
A malla era de 12 cms,
polo tanto soio pescaba sábalos ou salmóns que superaran os 3,5
kg.
|

Nesta fotografía é de Eliseo Alonso e
está escaneada do sensacional libro "Pescadores del río Miño
(tramo gallego-portugués)" vese un pescador tirando o río a
famosa cabeceira que semella o voo dunha bolboreta.
Para rematar vou poñer algunha rede a maiores que
se utilizaba no baixo Miño:
Trátase das redes solleira
ou picadoira, da Varga de múgil,
da mugileira e os espineles:

Saír.
|