Raña |
 |
Unha
raña son grandes e
rápidos desniveis nos ríos e que fan que o leito sexa escalonado. Así
tamén é peligroso para a navegación.
Estas rañas, que no río Miño hai moitas,
están formadas polos grandes remasos que as preceden, así o río a
continuación vai sair en pequena corrente e moito menos profundo e produce esos
escalóns que son peligrosos para a navegación.

Pesqueira de Raña de
Sela.
Esta pesqueira que está situada a altura
da Estación de Sela, a Pesqueira chamada Raña, é unha pesqueira
incrible. É unha das máis sofisticadas.
É das chamadas de rabo cruzado e componse
de 5 poios, cada un máis baixo que o anterior e realmente cruza o río obligando a pesca a
meterse a esta parte e ser pescada cando sube.
Cada poio ten sobre 10 metros de largo,
unha anchura entre eles de 1 a 1,5 e unha altura de 2 metros.
Van baixando en altura de máis a menos, ata o rabo (así se chama
o último tramo).
Pois ben chámase así xa que
nese lugar hai unha raña, ou sexa o río sae dun remaso profundo
e de moita auga a un leito menos profundo .
Ver a fotografía seguinte,
a misma pesqueira e a raña.
|
|

Descoñezo o autor da fotografía.
Sela. O río vai de dereita a esquerda. Ver o remanso antes
da V que forma a pesqueira.
Pesqueira de Raña.
Chámase así xa que ven precedida dun gran remanso, que se pode
ver na fotografía, o final está construida a pesqueira antes da
raña. A raña está na corrente que se ve. Claramente nese lugar a
profundidade é menor. Peligroso para a navegación ao non haber profundidade.
Nesta fotografía de Google vese
perfectamente a forma da pesqueira anterior que moitos califican da máis complexa do río Miño nesa zona.

A misma pesqueira, fotografía aérea vista
dende o outro lado, trátase da pesqueira de Sela, a misma que a
anterior. Descoñezo ao autor da fotografía. Aquí vese
perfectamente a raña.
|
No río Miño son
famosas a raña de Sela, as de Canguedo e a de Caldelas,
onde hai unha que se chama Apretapiés que seica é unha
caida peligrosa. Tamén son famosas as rañas de Fillaboa
onde estas aumenta e hai moitas: Lagastón, Cachón,
Paso Peligroso, tamén augas arriba de Seixeira,
onde tanto aumentan que se pode decir que o río Miño é
unha raña continua ou unha rañal continua. (Información tomada do libro
Miño ¿Existiu unha fronteira?" de Luís Manuel
García Mañá, páxina 265.)

O río Miño por
debaixo de Monçao ten lugares que son sucesións de rañas.
Ou sexa remansos e seguidamente desnivel e corrente. En
definitiva leitos escalonados.
As ideas de
facer ao Miño navegable ata Ourense choca, evidentemente
coas rañas...
Salvar as rañas é
peligroso, sobre todo ao baixar o río xa que a barca
pode atravesarse na raña e ir a pique. O timonel debe
ser un experto. Subila é tamén para expertos pero menos.
Saír dicionario.
Sair
fotograf. río Miño
|