As troitas bicais
son as que teñen a mandíbula inferior extendida, formando unha especie
de bico retorcido que se introduce na mandíbula superior. As troitas que
presentan estas diferencias son os machos vellos que ademais teñen o ventre
máis contraido que as femias.

Esta troita bical, non ten dúbidas,
trátase claramente dun macho, ten claramente a mandíbula
inferior en forma de pico.
Observar a lonxitude da mandíbula inferior
en comparación coa superior.
Foi collida no río Bibei en Viana do Bolo
e botou 11,250 kg. Unha barbaridade...
Si é femia chámase
troita-sapa polo menos pola zona de Cotobade.

Esta troita non é bical e ademais é unha
femia. As femias non teñen a mandíbula inferior tan afiada,
teñen os ocelos menos marcados entre outras cousas.

A de abaixo é macho a de arriba femia. Os
ocelos ou pencas son máis marcados nos machos. Hai outros datos para
distinguir o macho da femia.
Saír.