Palmeira
|
 |
As troitas palmeiras,
troitas que teñen aproximadamente un palmo, entre
17 cms. e 21 cms., son sin lugar a dúbidas as mellores troitas para comer, son un auténtico
manxar de deuses sempre que cumplan as catro efes, ou sexa:
fresca, fría, frita, e fragosa. Así está dito en moitos libros de pesca
da troita como no libro "50 años de historia a la orilla de un río,
Memorias de un pescador de truchas" de Jesús Pariente entre outros...
Convén aclarar
que fría fai mención as augas frías da montaña, e fragosa
tamén quere decir de augas con moito coio e pedras, augas
saltarinas e cantareiras como son as de montaña. Esas son as mellores
troitas sempre que sexan palmeiras e de ríos limpios ao 100%.
Por suposto que
hai outros ditos como os da sete efes (recollido o dito en Verín por X.L.
Franco Grande), os que engade os anteriores que sexa fiada, fea e
femia. Non estou moi de acordo co de fea, xa que para mín unha troita
é o animal máis bonita da natureza... No da femia teñen parte de razón,
pero as diferencias son mínimas cando é unha troita palmeira. O de fiada
fai tempo que deixou de ter significado.
Para aclarar ó de
fea, eu para mín ó que dixo Botteler sobre a troita é un axioma,
polo tanto non hai discusión:
Deus pudo, sin dúbida,
facer un animal máis fermoso que a troita, pero, tamén
sen dúbida, nono fixo

Troita palmeira entre 17 cms e 21 cms.
Para mín esas son as troitas mellores. Mellor a de 17 cms. que a
de 21 cms. O problema é que en moitos ríos non se poden pescar
as de 17 cms.
As troitas grandes son moi secas e non
teñen nada que ver con estas...
As de piscifactoría hai que enmascaralas
para comelas, non se poden comparar...
|
|

Outra troita palmeira pero xa de maior
tamaño, no límite para mín, sobre 21 cms.
As troitas por riba dos 30 cms dicen moito
máis secas e non se poden comparar con estas...
|
|

Concretando: as mellores troitas
para comer, auténtico marisco de montaña, son as troitas
palmeiras que sexan frías, frescas, fritas, e fragosas.
Esto debédelo tomar por un axioma.
Pero...xa quedan poucas...e cada día son
máis difíciles de pescar...
|
Saír.