Penca |
 |
As pencas
das troitas son as manchiñas ou ocelos que ten a troita no lombo e que normalmente
son de cor vermella forte. Tamén se chama o pencado da
troita ao conxunto de pencas.
En algúns lugares
de Galicia como Láncara en Lugo fálase do lentexento.
Lentexento é unha palabra que non trae o dicionario Xerais da Lingua
pero que aparece en outros dicionarios (Eladio Rodríguez).
Dixo Botteler "
Deus pudo, sin dúbida,
facer un animal máis fermoso que a troita, pero, tamén
sen dúbida, nono fixo
Canta verdade,
sin dudalo, Botteler era dos meus...

O pencado desta troita é marabilloso e a
fotografía non fai xustiza.
|
|

Esta si que é unha troita ben pencada. O
pencado desta troita é vermello e negro. As troitas deste río o
Cenza en Vilariño de Conso eran especiais.
E digo eran xa que deben quedar poucas
deste estilo. No río que era un val glaciar fixeron un encoro
sin sentido...que forma de estropear a natureza para sempre...
|
|

O pencado desta troita tamén é especial,
non hai máis que vela. Ten un pencado vermello que chama a
atención. A troita é do río Louzara no Courel.
En Láncara dise o lentexento da troita.
|

Para poder apreciar o pencado da troita, ver a imaxen en
grande. (A troita está aberta e sin magas).
Sensacional troita Hilario...

Observar este pencado é extraordinario e raro.
Gracias Cao.
Esta foi unha das troitas pescadas por
mín, en Chandrexa de Queixa no río Navea, fai xa anos,
lembro a postura exacta e como entrou a pluma vermella de fios negros,
parecía de medio kg. pra riba, ao final quedou nunha troita cuarterona
de 350 grs; si é hoxe devolvoa ao río. Tiña as pencas máis espectaculares
ó que pasa é que está
un pouco manchada da súa sangue...pola parte de abaixo. Era un
macho. Observar que ten pencas vermellas na aleta dorsal.
Saír.
|