Cacifo |
 |
O “Cacifo”, xenéricamente
chámaselle “cacifo” a calquer recipiente que está destiñado a conter
cousas de pouco valor, entre
outras cousas. Neste caso chamo cacifo á cesta da pesca. O correcto é
decir "cacifo para as troitas" máis que cesta das troitas.
Tamén se dice
Carabelo, que é según o dicionario un cesto
para gardar o producto da pesca de cana. Esta palabra está recollida
entre outros por Eladio Rodríguez.

Do cacifo para as troitas fala por exemplo
todo un especialista como Toño "O cesteiro" que dende a Serra do
Leboreiro onde vive fai cestos de todo tipo, cestos de millo, cesto
de fiañada, cacifos para as troitas, etc.
Revista Lethes. Cadernos culturais do Limia,
nº 7. Inverno 2006.
|
|

A cesta das troitas chámase en moitos
lugares Carabelo inda que esta palabra tamén se utiliza para os
cestos de dúas asas que se levan baixo o brazo. (Eladio
Rodríguez)
Na fotografía unha troita do río RabaÇal;
a troita está
por riba do carabelo.
|
|

Na fotografía vese un pescador de troitas
precisamente collendo unha troita coa sacadeira e levando colgado ó lombo "un cacifo para as troitas".
O feito de incluir esta palabra é por simple curiosidade milla, non collecía esta palabra e vexo que é moi
utilizada.
|
|

Na fotografía nove troitas por riba do
carabelo. Este tipo de fotografías miñas pretenden ensinar as
troitas, esta claro que esas troitas levoas dentro do carabelo e
entre fentos femias para que se conserven mellor.
Esta pescata
fíxena no río Xares fai uns anos.
|
Saír.
|