Trátase dun paso para atravesar o río, feito para comunicar pueblos ou ben como antiguo paso importante. O paso debe permitir cruzar á carros, persoas, animais, etc.

     Non hai que confundir unha ponte, cunha pontella, cun pontillón ou unhas pondras, son cousas completamente distintas.

Algunhas pontes da provincia de Ourense:

 

Ponte no río Barbantiño en Mandrás, Ourense.

 

Está moi ben conservada e o lugar é maravilloso.

Fotografía Autor da www (Maio 2002).

 

 

 

Ponte no río Outeiro en Francelos en Ourense.

 

Por certo amenazado cunha minicentral.

Non se fixo ao final.

Fotografía Autor da www.

 

 

 

Ponte no río Lonia en Ourense.

 

Fotografía Autor da www.

 

 

Ponte Vella no río Miño en Ourense.

Sin lugar a dúbidas a ponte romana medieval máis importante de Galicia. Ten sete arcos nada menos. É do século I inda que foi modificada en distintos séculos entre eles o XIX.

Fotografía Autor da www.

 

Esta fotografía descoñezo ao autor. Probablemente Pacheco.

 

A ponte Vella de Ourense, ou Ponte Maior  é unha  ponte romano-medieval. Actualmente o  único arco romano é o da esquerda de todo, o resto son engadidos e rectificados en distintos séculos.

Tendes moitos mais datos neste link meu sobre o río Miño.

 

 

 

Ponte Freixo no río Arnoia.

 

Unha ponte maravillosa. Esta Ponte está situada por baixo de Puentegrande en Ourense.

Fotografía  de José Felix Romero. (1989)

 

 

 

Ponte Bibei no río Bibei.

Dicen que é  a Ponte Romana que se conserva meior en Ourense.

Dende logo resistiu a tira,  xa que moitos anos era a estrada de Ourense o Barco.

Hoxe sigue estando nos codos de Larouco, pero ten menos circulación.

Fotografía  de José Felix Romero (1989).

 

 

 

Ponte Navea no río Navea.

Unha ponte marabillosa.

Un pouco abandonada.

O río Navea nese lugar de pena.

 

 

 

Ponte San Clodio en Leiro. Río Avia.

 

Unha ponte marabillosa.

Quedou bastante estropeada coas enchentas do 2001.

Fotografía  de José Felix Romero (1989).

 

 

Ponte de Allariz. Río Arnoia.

 

Unha ponte maravillosa.

Personalmente é un lugar que me gusta moito.

 

Remato cunha poesía e unha lenda das moitas que hai sobre as pontes:

            

"Que ben se soña, mozo ou vello

sentado á vosa orela

en tanto cantan os moiños

e alén das nubes quedas

do serán, na gaiola dos ceos,

unha a unha acéndense as estrelas...

 

¡Quezáis un día, pontes da miña infancia,

volva a escoitar o melro á vosa veira!...."

 

 

Trociño da poesía de  Xose Otero Espasandin.

 

 

A lenda da Ponte Pedriña.

 

A Ponte Pedriña, que está moi preto do muro do encoro das Cunchas no río Limia en Ourense. Descoñezo o autor da sensacional fotografía.

Efectivamente a ponte parece o esqueleto dunha pantasma.

Nas épocas de seca vese, como se fose o esqueleto dunha pantasma, o que queda da Ponte Pedriña no encoro das Cunchas, a vella ponte romana que houbo no concello de Bande, en Ourense, e que agora dorme baixo as augas. Por ela pasaba a Via XVIII chamada tamén Itinerario de Antonino e Vía Nova. A Ponte Pedriña foi declarada Monumento Histórico-Artístico o ano 1944 e cinco anos despois, sen atender a tal distinción, foi anegada baixo as augas.

    A historia popular é outra ben diferente. Un mozo de Santa Cruz rondaba unha moza da outra beira do río. Para ir xunta dela tiña que cruzar polas poldras pero unha enchente  de auga que arroiba impediulle atravesar. O mozo botaba xuramentos e maldicións, tantos e tan fortes que se presenteu o demo e propúxolle un trato. Do acordado resultou que o demo comprometíase a traballar toda a noite para construír unha ponte e o mozo, a cambio, tería que entregarlle a alma cando morrese.

   O mozo aceptou o trato e o demo, en vindo a noite, púxose a facer a ponte. Traballou e traballou, máis ao mencer aínda lle quedaba unha pedra por colocar. Por unha pedriña non deu rematado a obra.

   Contrariado polo contratempo o demo seica dixo:

   -Por culpa dunha pedriña

     nunca me fuches pagada!

     Vivirás sempre maldita

     e morrerás afogada!

    Aquela maldición deulle nome á ponte. O máis curioso, porén, é que sen a pedra que lle faltaba, a ponte foi de moita utilidade desde tempos romanos ata que os argalleiros do encoro cumpriron a maldición.

    El non será o demo tamén o que constrúe os encoros?.

 

Outra fotografía de Ponte Pedriña

Nota: o texto anterior está sacado do libro "A flor de auga" de Xosé Miranda e Antonio Reigosa. Xerais. Un libro do 2006 no que se recopilan lendas de Galicia que teñen relación coa auga. Merece a pena.

A versión desta lenda foi feita polos autores a partir da lenda recopilada por Rosa Martínez García na freguesía de Santa Cruz, Bande (Ourense) en 2001, e publicada na revista virtual Setestrelo.

 

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.