A
estiaxe, falando de ríos, é o período que vai,
cando non chove, dende
xuño a setembro, inda que pode adiantarse, e que se caracteriza
porque o caudal dos ríos baixa considerablemente, quedando algúns reducido
a fíos de auga.
Vexamos algún río no estiaxe
e os distintos tipos:

Estiaxe no río Lonia,
afluente pola esquerda do río Miño en Ourense.
26 de setembro de 2012.
Apenas leva auga.
Ver a fotografía máis
grande o final da ficha.
|
|

Este regatiño leva moi
pouca auga, nótase que está no estiaxe.
Últimamente có cambio
climático a estiaxe dos ríos de Galicia é dramático e compre
tomar medidas polo menos de vixianza e de ética e amor a
natureza.
|
|

Este é un regato na estiaxe no que
prácticamente queda valeiro ou con moi pouquiña auga.
|
|

Esta fotografía contempla o que se
chama "Estiaxe por roubo a man
armada".
Trátase do río Barbantiño o día que Engasa
puso a funcionar a minicentral (11-11-1998).
Hoxe ten máis auga, a por de estar encima os
ecoloxistas. De tódolos xeitos fai pouco foi denunciada.
|
|

Esta fotografía contempla o que se
chama "Estiaxe por caudal ecolóxico
impresentable".
Trátase do río Limia en PonteLinares, ver
como ven o río por riba da minicentral e contemplar a estiaxe por
debaixo.
|
|

Esta fotografía contempla o que se
chama "Estiaxe eterno por roubo a man
armada".
Trátase do río Xallas en Ezaro, pero esto
pódese contemplar en moitos lugares de Galicia.
Por certo no ano 2007 este río foi noticia xa
que houbo unha "estiaxe formado" polos donos e morreron miles de
troitas e peixes. Está hoxe en investigación.
|

Río Lonia en setembro de 2012. Estiaxe total, observar que
apenas leva auga.
Saír.
|