Unha
zudra é un sinónimo de
presa moi utilizado pola Limia, concretamente por Rairiz de Veiga e Vilar de
Santos en Ourense, polo tanto é unha construcción feita nunha
corrente de auga, consistente nun muro que detén a auga para acumulala,
independientemente do seu uso posterior, para regar ou para un muiño,
etc. Tamén se chama presa,
represa, encalco, calzada, preseira (por Hermisende
(Zamora)), ceña (por Carballedo.
Pontevedra).

Teño que agradecer ó libro "A luz da
chuvia" de Delfín Caseiro e Antón Jardón, e polo tanto os autores
do libro, onde vín por primeira vez esta palabra, concretamente no
capítulo "Ver cos dedos", e onde o cego de Buxán, o Sebastián, dice:
..."O sitio onde pasaba horas e horas era na zudra do río, na presa do lecer onde nacía a canle que levaba a auga ao
muíño de abaixo. Alí permanecía sentado nas pedras,
escoitando o cantar doce da auga, cos pés, liberados das pesadas
chancas, metidos na corrente, que el intuía limpa e cristalina,
experimentando ás veces a caricia fuxídia das patas
dos zapateiros ou o lategazo líquido dunha troita grande. Tamén
escoitaba o zunido cálido dos cabaliños do demo e das avespras ao
pasaren ao rente del..."
O libro editado pola editorial Toxosoutos S.L. no ano
2019, é unha auténtica xoia que recomendo con entusiasmo. Un libro
marabilloso. Dende esta web animo os autores a seguir contando
estas historias. Moitas gracias os dous.