Un afluente
é un río que vai a
desembocar noutro principal. Tamén se fala de confluente, un río conflúe noutro. Confluir é
reunirse nun punto.
Así o Sil é un afluente do río Miño.
Hai ríos que teñen a cualidade de no ser afluentes de ningún río, pero a
maioría si son afluentes doutro máis importante.
Tamén se dí que o río é
tributario do principal. Ou
sexa, o río tributario é aquel que desemboca nun curso de auga
maior, sexa un río, un lago ou no mar. Por exemplo o río Avia é
tributario do río Miño.
O lugar onde se reunen os ríos
chámase tamén confluencia.
A determinación do río principal e
dos afluentes non é tan trivial como a xente pensa. En principio
hai unha norma que é a lóxica, xa que si dous ríos se unen é considerado
afluente o de menos importancia polo caudal, a superficie da conca ou a
súa lonxitude. Pero as veces non é tan doado e nestos casos recúrrese a
outros principios, entre eles o de perceptoloxía, que se explica máis
abaixo.

Río Lóuzara na súa confluencia co
río Lor.
O Lóuzara é un afluente do Lor.
Na fotografía o río Lóuzara é o pequeno que se ve enfrente.
Neste caso non hai dúbidas.

Na fotografía o río Navea en
Chandrexa de Queixa recibe pola esquerda o regato de Torneiros,
xusto na Ferrería. O río Torneiros é un afluente do río Navea
pola esquerda. Na fotografía non se ve, xa que vai detrás das
xestas do primeiro plano.

Neste caso non está tan claro,
o lector debe saber que o río Torneiros é un
regatiño, a décima parte do río Navea.

Na fotografía o río Miño recibe o
río Loña.
O río Loña, que se ve na
fotografía xusto enfrente, é un afluente
pola esquerda do río Miño.

Aquí vese máis claramente.

Na fotografía vense tres ríos, o que
baixa en primeiro término é o río Bubal que é un afluente do río
Miño, pola dereita, no que desemboca.
Despois da ponte de ferro vese outro
río é o río Sil que se considera un afluente do río Miño.
A fotografía está sacada nos Peares e
non aporta moita luz a palabra.
Ver as seguintes
fotografías.
Aquí entre o río Sil e o
río Miño si que hai dúbidas.

O ángulo A
(aprox. 160º)
é o que forma a liña do río Miño antes da confluencia coa liña que
siguen os ríos despois de xuntarse. (Sempre o menor e sin ter en
conta signos).
O ángulo
B (aprox. 120ª) é o que forma a liña do río Sil antes da
confluencia coa liña que siguen os ríos despois de xuntarse.
A > B
(Evidentemente o ángulo A é maior que o ángulo B)
(O ángulo A casi é de 180º o que da a
imaxen de continuidade que é no que se basa o principio
de perceptoloxía)
Principio de Perceptoloxía: segundo a cal, se dous ríos
mesturan as súas augas, considérase río principal aquel que na confluencia
forma un ángulo maior co curso que prosegue. O ollo percibe (¿establece?) a
continuidade dese río e percibe ó outro como afluente.
Aplicando este principio o río
Sil é claramente un afluente.
O río Miño é o principal.
Polo tanto o río Sil é afluente do río Miño.
Demostración:
Na fotografía, que é a misma que a
anterior, están trazados os ángulos os que fai referencia o
tratado de Perceptoloxía citado.
Evidentemente o ángulo
maior é o ángulo A que está formado polo canle anterior do río
Miño e o canle despois da confluencia.
Dado que A é maior que B,
según o criterio anterior o río Miño é o principal. Desta forma
podemos falar do río Sil como dun afluente do río Miño. (c.q.d.).
Nota do autor da web: esto
de c.q.d. (como quería demostrar) vai adicado os meus queridos alumnos do ITEM de
Ribadavia dos anos 1968-1977.
Non é tan trivial...
Que pasa sin os ángulos son
iguais?.
Neste caso este principio no é de
aplicación e habera que botar man de outros como o sentido
común traducido nunha mezcla de caudais, historia,
intereses, ou algúns que botan man de estudios xeolóxicos.

O río Lor é o principal.
Polo tanto o río Louzara é afluente.
Neste caso do río Lor e o
río Louzara queda claro quén é o afluente de quén. O angulo B
que é máis ou menos de 90º sin ter en conta o signo é menor que
o ángulo A que é aproximadamente de 180º.
O ángulo B é o que forma o
río Louzara coa prolongación do Lor; e o ángulo A o río Lor coa
súa prolongación.
Polo tanto o río Louzara é
afluente do río Lor.
Nota: sobre este tema dos
afluentes, ten un artigo o meu amigo Santiago Lamas no libro
Galicia borrosa que é sensacional e que ademais aclara os
conceptos de afluentes facendo referencia a un tratado que
analiza este feito.... Este artigo forma
parte desta web sobre os ríos galegos e a súa vida.
Está neste link.
No artigo aclara que o río Sil é afluente do río
Miño básicamente por duas cousas: unha que é enteramente galego,
recollido polo
Licenciado Molina: "dicen
que la causa es porque el Sil es estrangero y el Miño natural"
; e a outra causa é o ollo, ou sexa, o principio de
perceptoloxía comentado máis arriba.
De tódolos
xeitos penso que está claro, ver esta fotografía do meu amigo Álvaro
García:

O río Sil é o da esquerda. Ó do
ángulo aquí estaría moito máis claro, pero non quero
estropear a sensacional fotografía de Álvaro que ademais lémbrame unha maravillosa excursión que fixemos pola Ribeira
Sacra do Sil...
Saír ó dicionario.
Saír
a río Miño.
Salir a río MIño