ALANCAR
ALANCAR é
no dicionario de Xerais, en sentido figurado, "avanzar con rapidez e a grandes pasos", e tamén se pode usar, de
feito eu vín o texto, para indicar cunha troita está alancando o
cachón para subir río arriba, os seus pasos neste caso son saltos
especiais...

Aquí tendes un cachón que unha troita pode
salvar perfectamente alancando.
Non é a primeira vez que vexo subir a unha
troita estos cachóns...
|
|

O texto onde vín a palabra alancar facía
referencia a esta fotografía e está escrito nada menos que polo
gran poeta Víctor Campio e decía desta forma:
"...Acadei o teu video, coa música
de Schubert, pero sobre todo coas nosas fermosas paisaxes,
ríos, salgueiros, amieiros e as troitas
alancando contra corrente sobre
as augas. Magnífico!..."
Pois
gustoume, pareceume un uso sensacional e aquí tendes a
palabra, como unha máis do meu dicionario.
A
fotografía é de Tomás Pérez Hernández e está sacada no
Invernadeiro en Ourense.
|
|

Encoro de Frieira. Río
miño. O río deva está a poucos kms. arriba desta presa. É un
afluente do río Miño pola esquerda, en Cortegada.
Na páxina 61 do libro de Juan José Moralejo (1941-2012)
"As Troitas, Miñas Señoras" aparece o seguinte
texto:
..."O encoro do Miño na Frieira
papoulle ao río Deva os últimos dous quilómetros, da Brabela a
Vilanova, que eran do mellor que teño visto porque o Miño metía
moita troita grande e o río baixaba as
alancadas, con pozos e
presas tan cubertas de amieiros e vimbios, e máis unha
recta entre lameiros que era do mellor para o saltón: os pescos
e naseiros da Brabela xa están documentados do ano 1000 no
Mosterio de Celanova, ¡toma pedigree, rapaz!..."
|
Neste link tendes troitas alancando un pequeno cachón no
río Deva en Arbo.
Ver este link. o
video é do meu amigo e compañeiro de pesca Julio Taboada (Páxaro)
Saír.
|