Asolagarse é cubrirse de líquido, neste
caso de auga. Así de simple. Tamén vale inundarse,
anegarse, alagarse,
enlagar, asuagar, asuougar, etc.
No Incio
(Lugo) chámanlle
alagas os terreos inundados. Como
regla xeral chámanse alagas os terreos cubertos de auga durante o
inverno.
Tamén se admite a palabra
asolago e fai referencia a nadar
mergullado baixo a auga.
Ó real é que na provincia de Ourense,
quedaron asolagados lugares incribles: auténticas aberracción históricas
algunhas e barbaridades outras. Outros lugares foron asolagados con máis
lóxica.
Asolagar é un verbo peligroso si leva
consigo o verbo asoballar, defenestrar, afundir para sempre e outros moitos.
Algúns asolagamentos famosos en Ourense:

Fotografía de Mani Moretón.
Encoro das Conchas (Ourense) feito en 1949, asolagou de todo, dende augas termais,
unha das mellores pontes romanas da
provincia, cidades romanas (Aquis Querquennis), calzadas romanas, escoñou festas que reunian
á veciños
da comarca, en fin... A luz á cidade de Vigo foi realmente a
penumbra histórica desta comarca.

Descoñezo ao fotógrafo. Esta ponte era
básica na zona, moita xente chorou por ela.
Esta Ponte quedou asolagada polo
encoro citado, o encoro das Conchas.
Trátase da Ponte do
Poldrado, unha ponte
fundamental na baixa Limia (Ourense). O peor é que fundiu os pobos
que unía. Unha auténtica vergoña, poderían facer outra, pero non...

Descoñezo o fotógrafo. A famosa Ponte Pedriña,
que está casi onde o muro da
presa.
O encoro das Conchas asolagou Ponte
Pedriña, moito máis cunha ponte no Limia. Por ela pasaba a Via
XVIII chamada tamén Itinerario de Antonino, e Vía Nova. Monumento
nacional no ano 1944. Desaparece no 1948. Unha aberración máis...

Descoñezo ao autor desta fotografía aérea.
O encoro das Conchas asolagou lugares
marabillosos e únicos (non se entende), por exemplo ao "Aquis Querquennis".
Esta ciudade romana foi declarada Monumento
histórico-artístico no ano 1981. Fonte: libro "Val do Lima",
un río dos paises.
Por certo foi unha parte dunha andaina
de Exaprin, a V andaina, e tuvemos a sorte de velo sin estar asolagada. Marabilloso.
Podedes ver as fotografías na web de exaprin Ribadavia, bastaría escribir no
buscador iribeiro.es .

Esta fotografía é miña. Ese lugar foi moi
visitado por min en algúns anos, había esta pequena presa para auga na
zona. Hoxe 2021 hai todo un encoro...
Asolagamento do mellor val glaciar
de toda Galicia "O Val glaciar do Cenza" preto de Cabeza
de Manzaneda e que pertence a Vilariño de Conso.
O río chámase Cenza. Un lugar único, cunha morrena glaciar
tamén única en Galicia, outro desastre...
Un encoro feito en 1992 por Iberdrola, que non
ten pés ni cabeza.
Non respeta nada.
Escoñou o mellor valle glaciar de Galicia. Deixou debaixo varios
curros antilobos, partes da morrena do glaciar e un lugar
incrible...
Deixa cartos ao Concello de Vilariño de Conso
en Ourense, eso si é certo, pero xa co que deixaba o encoro das
Portas xa se defendían...

Esta fotografía é miña. Insua de Preboubo, en Prada
(A Veiga-Ourense)
Asolagamento do pobo de Alberguería
polo encoro de Prada en 1958.
Xusto despois desa ínsua quedou enterrado
para sempre o pobo de Alberguería, a 30 m. de profundidade.
Un asolagamento en toda regra. A xente,
103 veciños e mais de 600 persoas tuveron que
emigrar; por certo moi mal pagados, foi claramente un roubo a man
armada, e nunca mellor dito (algúns sairon a golpe de fusil)... Penoso..

Descoñezo ao fotógrafo. Foto do ano 1958.
Asolagamento do pobo de Alberguería (A
Veiga-Ourense)
polo encoro de Prada.
Todo un pobo de 103 veciños que quedou debaixo
deste encoro.
Na fotografía a punto de desaparecer asolagado
totalmente.
O
interesado poden ver esta
web,
sobre este pobo, da que son autor.
Por certo eu son "fillo adoptivo de Alberguería",
e digo esto xa que debo ser único no mundo: ser fillo dun pueblo que non
existe...
Un chiste malo pero
non sabedes ó orgulloso que estou de ese título, quitando os académicos é o
titulo que máis disfruto na miña vida...
Para rematar:
Mándame
Olga Rodriguez M., unha palabra que dice que era
asuougar e que a utilizaban
cando se tiraba algo ao río e se afundía; cando o obxeto iba ao fondo do río lle decíamos á persoa "agora valo asuougar", ou ben cando se "buceaba".
Comprobei no Dicionario Xerais da Lingua e non existe a palabra, pero
recollo efectivamente como natural de Francelos, moi preto de Ribadavia e
por suposto a carón do río Miño...
¡Gracias Olga!.
Fixeches un bon
regalo o noso idioma, do que debemos estar orgullosos.
Hai tamén un xogo curioso que en principio pensei que non
tiña nome en
galego, cousa que me estranaba, o galego é moi rico en palabras.. .pero
posteriormente descubro que pola zona do río Navia hai un xogo que se chama
"capar o río", xogo onde se lanza unha pedra, ben feitiña, e se vai
contando os saltos que dá ata que se asuouga, ou se asolaga. Ver a
seguinte explicación:

Fotografía sacada dun Youtube dos CCR.

Descoñezo ao autor deste dibuxo.
O xogo da "cabrilla" en castelán, tamén se
chama "hacer el patito", "hacer la rana" e
outros. En galego "capar o río". A nivel
técnico epostracismo. Hai lugares onde se fan ata apostas no
lanzamento da pedra; tamén se utilizan pedras especiais...
Na fotografía, sacada dun disco dos CCR (Credence
Clearwater Revival, tamén se chaman Credence, sensacional grupo da miña época,
década de finais de 1960 e toda a década de 1970, pero que inda se escoitan hoxe, a canción é
Have You Ever Seen The Rain ...
¿No viste llover haciendo sol?), en galego podería decirse ¿non viches o
froallo?, hai unha escena onde xogan a lanzar ao río unha pedriña, mellor un canto
rodado, planiña, e gaña quen lle de máis botes na auga. Quen de neno,
tendo un río apropiado preto,
non xogou a esto?. Seguro que en Ribadavia moitas veces xa que teñen os ríos
Avia e Miño que se prestan, Eu si dende logo. Pois ben os botes vanse contando ata
que a pedra se asuague, ou se asolague, ou se asuougue, como dín en
Francelos. Na fotografía gañou a moza que fixo
tres botes. Si queredes ver o xogo e oir esa canción marabillosa
pulsar este link.
Seguro que en galego ten nome este xogo,
seguramente podería chamarse "a cabriña" ou "facer a rá", si o sabedes
lembrádevos deste dicionario e do meu email.
Descubro non fai moito, maio de 2022, que por Navia chámase "capar o río" ver
este
sensacional link de Galicia encantada coa explicación.
Saír.