O canón
dun río é un val fluvial estreito e profundo, con sección en V pechada,
orixinado pola acción erosiva dun río ou por fenómenos tectónicos. Tamén
se chama garganta, cañón, engroba, engrobia, foz, cañada,
gorxa, cabaixe,
desfiladeiro,
cerrada, etc.
Alguns canóns sensacionais da
Provincia
de Ourense, por certo esta provincia seguramente
teña os mellores canóns
do mundo, en calidade e en cantidade, o malo son os ríos que formaron o canón, que deixan moito que
desexar, dicen que agora son "mares interiores" unha
auténtica "coña marinera":

O canón do río Sil.
Antes de facer o encoro de San Esteban, sobre
1940, este si
que era un auténtico canón en V, como marcan os cánones.
Hoxe chámanlle tamén canón.
Non sei de quén é a fotografía, pero sin
dúbida é unha fotografía histórica. Ver a
fotografía seguinte.
|
|

O canón do río Sil.
Hoxe co encoro de San Esteban o canón do Sil
vese deste xeito.
Non é o mesmo. De tódolos xeitos é
sensacional e único.
Foto do autor da www.
|
|

Canón do río Bibei nas Ermitas
(1940).
Hoxe o río Bibei nin é río, nesta zona, nin
nada parecido. En todo caso é un regato ou regueiro, por mor de
Iberdrola que o ten esnafrado. Soio ten un fío de auga, na que
soio viven as ras, e para eso mal.
Na fotografía dos anos corenta, sensacional,
vese o río Bibei, como un gran río e o canón do Bibei como fora
de serie.
|
|

Canón do río Bibei (2002). 2 kms.
por riba das Ermitas.
Hoxe o río bibei nin é río, nesta zona, nin
nada parecido. Ver a fotografía do desastre. Non se ve o río, soio
o leito e gracias.
Na fotografía de xaneiro do 2002, vese no fondo
o canón, sin auga, seco. Esto é unha auténtica vergoña.
Responsable da desfeita: Iberdrola.
|
|

Na fotografía o canón do río Avia,
visto
dende o pobo de Albarellos (2002). Prácticamente seco
Ourense era un paraiso natural, inda
é, pero menos. Na fotografía o canón do río Avia, visto
dende o pobo de Albarellos, o río Avia nese lugar 03-01-2002 non
leva apenas auga. Fenosa teno castigado dende fai máis de 20
anos. Un desastre, cun río sensacional. O canón ten varios kilómetros. Pero hoxe ten
o encoro de Albarellos, que por certo incumple todo...
Fotografía do autor da www.
|
|

Na fotografía o canón do río Avia,
ano 1950, un río con auga.
Na fotografía o canón do río
Avia, xusto onde fixeron o encoro de Albarellos, ou sexa, a fotografía
de arriba (a fotografía de arriba é por debaixo).
Esta foto é de Fenosa.
O lugar dende logo era sensacional.
|
|

Na fotografía o canón do río
Viñao,
ano 2002, un río con auga.
Ourense era un paraiso natural, inda
é, pero menos.
Na fotografía o canón do río Viñao, visto
dende o pobo de Sobredo, o río Viñao nese lugar 03-01-2002 levaba
auga. Milagre, xa que estuvo seco moitos anos.
Fenosa tamén o ten castigado dende fai máis
de 20 anos. Outro pequeno desastre, cun río sensacional. O canón vai dende Almuzara a Salón, onde
desemboca este río no "regatiño do Avia". Incrible.
Fotografía do autor da www.
|
|

CANÓN DO RÍO XARES XUSTO POR
BAIXO DO ENCORO DE PRADA (ENDESA).
Efectivamente non leva prácticamente auga,
xaneiro do 2002. De tódolos xeitos leva un fiiño dende 1998,
denantes, dende o 1958 estuvo seco.
Realmente a estas compañías eléctricas:
Fenosa, Iberdrola, Moncabril, Endesa habría que facerlles un
monumento que falara de canta luz nos deron, a que precio nola deron
e como explotaron e deixaron para o arrastre tantos e tantos lugares
paradisíacos. Na miña opinión son imprescindibles, pero as
cousas podían haberse feito moito mellor e de acordo coa lei e sin
mirar tanto o bolsillo.
Responsable da desfeita: Moncabril, que xa
non existe. Hoxe a dona do encoro e dese caudal ecolóxico da
morte é a empresa Endesa.
Debaixo dese encoro quedou Alberguería un
pobo do que son "fillo predilecto" e do que estou orgulloso: ser
fillo dun pobo que non existe actualmente 2020. Ver a web
albergueria.es.
|
|

CANÓN DO RÍO ARNOIA XUSTO POR
CARTELLE E SANDE PRETO DE ARNOIA.
Canón fora de serie e únicamente explotado
polas minicentrais que están a meter neste tramo có beneplácito
do Concello de Arnoia, e por suposto da Xunta de Galicia.
É o canón máis conservado da provincia de
Ourense, cun bosque incrible e un río, o río Arnoia, que inda é
un gran río. O malo é que o están desfacendo. Debera ser Parque
Natural de Galicia, pero non está nin protexido; os donos dese canón
son as empresas hidroeléctricas, como Fenosa.
|
|

O canón dos Peares,
río Miño
Tiña que existir, sin dúbida, denantes de
facer o encoro dos Peares que se ve na fotografía, tiña que haber
un canón impresionante. Río Miño, Peares (Ourense). Hoxe un
encoro.
Foto de Fenosa.
O encoro incumple tódalas leis habidas e por
haber dende o ano 1950. Por certo as leis estaban xa moi claras.
Responsable da desfeita: Fenosa.
|
|

CANÓN DO RÍO EUME parque natural
de Galicia.
De vergoña, nin leva auga, nin cumple as
normas mínimas e inda por riba está en pleno Parque Natural de
Galicia. 6 KMS. de río sin auga. Fotografía do autor. Agosto do
2002.
Realmente unha vergoña.
Responsable ENDESA e a XUNTA DE GALICIA.
Algúns dirán ou se preguntaran que ten que ver a Xunta de
Galicia?; eu penso que é evidente a Xunta de Galicia é a
primeira que ten que defender o noso territorio e os nosos ríos;
o tirar balóns fora ou mirar para outro lado e cuestión de
cartos...e así non vamos a ningures...
|
|

CANÓN DO RÍO MANDEO XUSTO
EN CHELO.
Unha maravilla de canón pero con río como
debe ser. Ten cinco kms. de río maravilloso, logo por riba unha
minicentral que lle afecta demasiado.
O canón do Mandeo, hoxe en agosto do 2002
tamén está afectado por unha minicentral, pero inda ten vida.

Na fotografía, sacada do libro
sensacional "Paraxes naturais de Galicia: O
Interior" de Enrique Vélez e Mª
Carmen Pereiro, vese, xustamente dende Cabeza de Meda, o
sensacional canón do Sil, sin dúbida o máis bonito de Galicia, tanto
dende a parte de Ourense, parte esquerda do río, como dende a
parte dereita que é a de Lugo.
Si queredes ve-la imaxen anterior a toda
pantalla pulsar este link merece a
pena...disfrutar...
De tódolos xeitos é interesante saber como se
forman os canóns fluviais, tan comúns na Galicia interior, onde se
presentan treitos fluviais encaixados no relevo. Os canóns partiron
da penichaira, por onde discurrían os ríos galegos. Na era
terciaria, o final, prodúcese un afundimento e a elevación de
grandes bloques de codia. As zonas afundidas dan depresións e as
outras montañas. Os ríos encaixan rápidamente nos bloques
ascendentes e forman canóns.
O canón depende da zona, son formacións en V,
como xa está explicado, pero según os materiais que atravase sexan
brandos, como as lousas có cual salen canóns abertos lóxicamente
ou rochas duras como o granito, cuarcita e caliza onde aparecen as
paredes do canón escarpadas e a pico.
Outras veces os canóns fan meandros no río
como no río Lor (na desembocadura) , o río Miño (no cabo do mundo) ,
o río Sil (na Cubela)está claro que a formación destes meandros é
anterior o proceso que describo.
O canón mellor de Galicia é o do río Sil,
logo hai outros sensacionais, como varios do río Miño, río Bibei,
río Avia, río Mao, río Xares e outros fora da provincia de
Ourense como no Verdugo, Lor , Ulla, Tambre, Xallas, Eume , Sor,
Eo e un longo etc. Galicia é única a pesar dos depredadores
de canóns, que son as empresas hidroeléctricas.

Canón do sil. Fotografía do autor da web.

Canón do sil. Fotografía do autor da web.
Canón do sil. Incrible. ¡Hai que visitalo!.
Fotografía do autor da www.
Tamén hai que facer a ruta en catamarán e logo
visitar entre outros: o Mosterio de San Estebo, hoxe Parador Nacional (teñen unha cociña
exquisita, podo certificalo...). Os Balcóns de Madrid, O mosteiro de
Santa Cristina e, por que nón, rematar cunha visita a Adega "A Ponte da
Boga", menuda excursión, probablemente a máis completa do mundo
mundial...

Canón do Sil no seu estado primitivo ano 1944. Descoñezo
o autor da fotografía.
Hoxe este canón estase intentando
que sexa patrimonio da Humanidade.
Saír.
|
|