Trátase dunha pontiña pequena para
atravesar o río, cunha característica particular : que soio ten un vano. Normalmente
utilízase para o paso de persoas e
gando, pode pasar tamén un carro. Tamén se chama
ponticela, pontello, pontigo
e pontón en moitos lugares.
Ollo, o pontillón é distinto xa
que ten varios vanos, cubertos por grandes lousas. (Esto varía según as zonas de Galicia. Sobre estos
temas hai un libriño moi interesante que se titula Camiños, pasos
e pontes de Begoña Bas. O que debe quedar claro é que as
pontellas e pontillóns son construccións de paso máis pequenas que as
pontes.)
Ver unha pontella, na primeira e
segunda
fotografía, e un pontillón na terceira fotografía.

Pontella no Río Mao en Ourense.
Non é o mesmo unha pontella que un pontillón.
A pontella soio ten un soio vano. Pode pasar un
carro si compre que pase.
Neste caso é a pontella de Nogueira, no río
Mao en Leboreiro. A carón desta pontella hai un refuxio de
pescadores.
|
|

Pontella no Río Selmo no Caurel.
Nesta fotografía marabillosa, da que descoñezo o autor, vese perfectamente unha pontella atravesando o
río Selmo.
Polas pontellas podía pasar, si estaba en bon
estado, un carro coas vacas.
Polo pontillón, que é a fotografía seguinte
non pode pasar un carro de vacas.
|
|

Pontillón típico no río Arnoia.
Trátase dun potillón auténtico, feito fai
moitos anos e que cruza o río coas características ditas. En
inverno pode quedar cuberto polas crecidas.
Normalmente polo pontillón non pode pasar un
carro.
|
|

Pontillón
sobre o río Avia en Salón, xusto onde desemboca o río Viñao.
Para mín é o maior pontillón da provincia e
probablemente de Galicia. Ten aproximadamente 50 metros. Está en
moi mal estado, igual que o río Avia, que Fenosa Generación
S.A. ó deixa
prácticamente seco, nese tramo.
|
|

Pontillón de Salón (río Avia-Ourense):
Eu penso que o pontillón anterior e
o mismo que aparece no libro os ríos galegos de Otero Pedrayo.
Páxina 14.
Penso que é o máis largo de Ourense.
Neste libro Otero Pedrayo chámalle pontella.
|
|

Pontillón no
río Arnoia na zona do Rexo, en Allariz Ourense,
Tamén é
bastante grande.
Eu penso que o lector ten claro,
despois das fotografías anteriores, o que é un pontillón e unha pontella, pero repito os nomes son según a zona
de Galicia. Vela máis
abaixo noutra época do ano.
|
|

Pontella
sobre o río Deza, por certo en non moi bon estado.
A pontella soio ten un vano.
Antiguamente por esta pontella podía pasar un
carro sempre e cando se necesitara, xa que un fallo teno calquera, e
ir o río con todo non é plato de gusto.
|

Pontillón do Rexo no río Arnoia en outono.
Descoñezo o autor da sensacional fotografía, sacada do diario
La Región de Ourense do día 08/01/2012.

Pontillón do Rexo en Allariz (ourense). Río
Arnoia. O mismo da fotografía anterior. 45 metros. Fotografía de
Secundino Lorenzo. Maio 2012.

Pontillón de Xunqueira (ourense). Río
Arnoia. O mismo da fotografía anterior. 40 metros. Fotografía de
Secundino Lorenzo. Maio 2012.

Pontillón do río Avia en Salón o mismo que
está fotografía máis arriba (Otero Pedrayo e unha fotografía miña).
É o maior pontillón que coñezo en Ourense, 50 m.

Pontella no río Louzara, preto do pobo de
Santalla. Tamén se ve unha poesía sensacional dedicada o río
Lóuzara. A poesía é de Fiz Vergara Vilariño.

Esta poesía está a carón da pontella
anterior, forma parte dun roteiro sensacional que hai en Santalla.
Este punto precisamente o punto 4 aparece firmado por Álvaro de la
Vega e a poesía é do gran Fiz Vergara Vilariño (Poeta nado
precisamente en Santalla de Samos 1953-1997) . Sobra que diga que a
poesía me parece incrible do bonita e ben feita que está...
Saír.
|