Chámase VEIGA a un terreo baixo, amplo e
fértil polo que adoita discorrer un río, onde hai prados húmidos e terras de
cultivo e no que varios veciños posúen parcelas. As veces varias aldeas
repartían as terras da veiga. (Dicionario da Real Academia Galega).
Os prados húmidos, que hai nas
veigas, dan pasto para o ganado pero non sirven para herba. As
veigas están sempre a carón dos ríos e sempre húmidos.
Tamén se fala de veiguiña, por exemplo no libro
"Primavera no Lor" dice Eduardo Moreiras o autor: "...A sombra dos
amieiros acouga o meu vaguexar polas veiguiñas do río".

A Veiga de Calvos; rio Salas.
Neste río teño feitas grandes pescatas de
peixes polos anos sesenta.
Hoxe esta veiga está asolagada polo encoro
de Salas.
Fotografía de Mani Moretón.
|
|

Veiga en Baltar non moi lonxe de Randín.
Observar na parte esquerda do río como a Veiga ten zonas de
pasto verde e húmidas. Pero estos lugares non dan herba ou sexa
non se poden segar como se sega un prado normal.
|

Unha veiga típica, neste caso a
auga blanca e producto do xelo que se formou, o terreno notase que
está asolagado por un encoro, pero o terreno é típico dunha
veiga, con gran extensión a unha e outra beira de terreno
cultivable, prados , etc.
O río é o Salas, a fotografía é de
Carlos Vázquez.
Xuraría que se trata da Veiga de Calvos, en
Randín, pero non estou seguro.
|
|

Esta veiga, non tan típica como a anterior tamén
está asolagada polo encoro de Lindoso.
Trátase do río Limia, era a zona de Aceredo.
As veigas eran moi típicas na provincia de Ourense, e moitas
delas están hoxe asolagadas por encoros: Veiga de Calvos, Veiga de
Camba, e un longo etc.
|

Na fotografía o pobo Veiga de
Camba. Hoxe esta paisaxe é o encoro das Portas. A zona
estaba chea de veigas. Descoñezo o autor da sensacional
fotografía.
Saír.
|